O Campus Terra contribúe á mellora dos viños españois

De esquerda a dereita, Javier J. Cancela, Benjamín J. Rey e Xesús Pablo González, na Escola Politécnica Superior de Lugo. Foto de X. Ponte
De esquerda a dereita, Javier J. Cancela, Benjamín J. Rey e Xesús Pablo González, na Escola Politécnica Superior de Lugo. Foto de X. Ponte

O grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) do Campus Terra da USC participa nun consorcio integrado por dez universidades e centros de investigación, seis bodegas representativas das principais zonas vitivinícolas españolas e dúas empresas do sector auxiliar de produción de tapóns e de produtos biotecnolóxicos no proxecto Vinysost, un programa de I+d orientado a mellorar a calidade e a competitividade dos viños españois mediante a xestión sustentable da produción en grandes viñedos, a fin de dar resposta así aos grandes retos que afronta o sector vitivinícola español.

O proxecto Vinysost conta cun orzamento de 7,5 millóns de euros

O traballo que están a realizar Javier J. Cancela, Benjamín J. Rey, Xesús Pablo Fernández e Mª Teresa Teijeiro, investigadores do grupo Proxectos e Planificación da USC, no marco deste proxecto céntrase na análise e determinación dos efectos combinados da rega e do abonado na viña, tanto conducida en espaldeira como en parra. Cos resultados destas pescudas, estes investigadores do Campus Terra da USC pretenden desenvolver unha ferramenta informática que posibilite xestionar en tempo real a rega e o abonado en grandes superficies de viñedo.

Esta ferramenta de xestión emprega datos medidos en continuo con sensores na viña, ademais dos datos adquiridos mediante o uso de drones equipados con cámaras multiespectrais e térmicas. O emprego da información recollida cos drones faríase logo do seu tratamento, análise e contraste cos datos obtidos polos sensores e parámetros fisiolóxicos da planta medidos in situ cunha periodicidade de 15 días durante as etapas fenolóxicas críticas da videira.

Analizaranse os efectos que teñen os tratamentos aplicados sobre a composición e a calidade da uva

Alén deste dispositivo ou mecanismo de xestión, a participación dos investigadores da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC no proxecto Vinysost contempla tamén a avaliación do alcance e dos efectos que teñen os diferentes tratamentos aplicados sobre a composición da uva e a calidade da mesma. De feito, o seu plan de traballo inclúe a celebración de catas hedónicas de consumidor para poder así estudar e avaliar a percepción do consumidor respecto dos viños elaborados con uvas sometidas a diferentes tratamentos.

O proxecto de I+D Vinysost, un programa consorciado que conta cun orzamento de preto de 7,5 millóns de euros, recibe máis de seis millóns de euros de fondos Feder da Unión Europeo e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial a través del Programa Operativo plurirrexional de Crecemento Intelixente 2014-2020 no marco del Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CIEN).

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.