O programa Digitalent reabre o prazo para prácticas de estudantes no sector das TIC

Os matriculados nalgunha das tres universidades galegas poderán solicitar as bolsas ata o próximo 23 de xuño

Estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura poden presentarse ás 32 prazas do programa Digitalent, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( Amtega), para realizar prácticas formativas en empresas do sector TIC. A convocatoria permanecerá aberta ata o próximo 23 de xuño (incluído).

As bolsas están orientadas a estudantes universitarios menores de 31 anos que estean matriculados nas especialidades citadas anteriormente en calquera das tres universidades galegas. Terán que ter máis do 75 por cento dos créditos aprobados. A convocatoria fora suspendida o pasado 5 de marzo pola declaración de emerxencia sanitaria en Galicia e foi reaberta o pasado 1 de xuño.

Publicidade

Esta iniciativa trata de cubrir as necesidades que teñen as empresas TIC de perfís profesionais con especialidades que, nun principio, poden parecer alleas ao mundo dixital pero que posúen aptitudes que poden ser moi útiles para completar os cadros de persoal destas compañías.

Os estudantes destas disciplinas  terán a posibilidade de recibir formación durante tres meses en empresas do sector tecnolóxico. Sen dúbida será unha experiencia que mellorará a súa empregabilidade e as empresas terán a oportunidade de comprobar as cualidades deste tipo de perfís profesionais.

Publicidade

O plan Digitalent está estruturado en tres eixos. O primeiro céntrase en impulsar as vocacións tecnolóxicas, o segundo en fomentar os novos perfís dixitais e o terceiro en reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital.

Os estudantes interesados deberán presentar telemáticamente a súa solicitude para poder acceder ás prazas do programa, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento PR607A). Ademais, deberán estar rexistrados e ter o seu perfil actualizado no portal de becas Feuga na seguinte ligazón: http://www.becasfeuga.es/ofertas/listar/etiqueta/amtega.

As candidaturas dos bolseiros valoraranse en función da nota media do expediente académico e unha memoria explicativa sobre a motivación dos solicitantes para realizar a práctica formativa e os resultados que pretende acadar.

Os solicitantes terán que presentar unha memoria explicativa sobre a súa motivación para acceder ás prácticas nas empresas

Unha vez realizada a selección, os beneficiarios realizarán prácticas remuneradas nalgunha das 21 empresas seleccionadas como entidades colaboradoras, por un período de 3 meses e unha duración de 20 horas semanais, contando cun plan de formación e recibirán asesoramento, orientación e dirección das persoas responsables das empresas TIC.

As empresas teñen experiencia en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como big data, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial, wearables, entre outras. A listaxe completa de entidades que participan no programa está dispoñible na web: https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent

Cabe sinalar, que no contexto actual de transición á nova normalidade, aos beneficiarios do programa aplicaranlle as mesmas medidas de protección y protocolos levados a cabo polas empresas colaboradoras para protexer e promover a seguridade e a saúde no traballo do conxunto dos seus empregados.

As bolsas DigiTalent articúlanse a través dun convenio de colaboración asinado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA); e contribuirá a dar resposta á demanda de novos perfís dixitais e facilitar a hibridación entre os sectores TIC e non TIC.

Toda a actualidade sobre as actuacións recollidas no catálogo DigiTalent, atópase dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal, onde se recolle a información relativa aos detalles das actuacións (datas, localizacións e instrucións para a participación).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

A Xunta lanza unha iniciativa para modernizar a Administración con tecnoloxías disruptivas

A iniciativa solucionará as necesidades do sector público con IA, datos e 5G para mellorar os servizos e a relación coa cidadanía

Da saúde á loita contra os incendios: estas son as máis de 20 iniciativas con uso de IA da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica anuncia dez proxectos en fase de produción, e o resto en desenvolvemento, pilotaxe ou proba

Luz verde ao Pacto Dixital entre a Xunta e o sector das TIC para a modernización tecnolóxica de Galicia

A iniciativa impulsada pola Amtega busca abrir novas oportunidades de negocio, reducir a fenda dixital e promover a colaboración no ámbito da tecnoloxía