Soutomaior e o seu xardín botánico, próximos destinos Observer

A fortaleza medieval e as súas singulares especies vexetais acadan esta distinción de turismo científico

É unha fortaleza medieval do século XII pero acubilla un tesouro da natureza no seu xardín botánico, con especies singulares para achegarse á ciencia. Por iso o selo Observer®, especializado en poñer en valor espazos de turismo científico, vai supoñer para o castelo de Soutomaior e o seu xardín, un recoñecemento da singularidade dos seus valores históricos e botánicos.

O Castelo foi, na época, un importante centro de poder. Destacan especialmente na súa historia o nobre Pedro Madruga, que o habitou no século XV, e sobre o que existen teorías fundadas de ser o verdadeiro Cristóbal Colón, e séculos máis tarde, María Vinyals, un referente do feminismo galego, aínda un tanto descoñecida.

Publicidade

Polo que respecta á súa riqueza botánica, no xardín, de máis de 15.700 metros cadrados, pódense atopar 175 especies arbóreas diferentes, algunhas delas con máis de oitocentos años de antigüidade. É especialmente relevante, a colección de máis de 300 exemplares de camelias, de 22 tipos diferentes, e polo que é recoñecido como Xardín de Excelencia Internacional.

Para a súa acreditación, Observer valora aspectos que teñan que ver co seu patrimonio natural, conservación sa súa biodiversidade, proxectos de investigación, actividades de turismo científico, persoal cualificado ou a colaboración con provedores de Km 0, entre outros aspectos.

Publicidade

Ademais, como novidade, o selo inclúe agora protocolos de bioseguridade contra a COVID 19, que acreditan aos seus destinos de turismo científico, como seguros.
O proxecto executado por Observer® para a Deputación de Pontevedra dará comezo este mes de xuño e consta de varias fases, cunha duración total de tres meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:39

Gravan unha moto de auga molestando arroaces na ría de Vigo

O vídeo, captado desde o peirao de Soutomaior, xa están en mans da Garda Civil para que investigue un posible delito

A galega Observer certifica a Gran Ruta de Ecoturismo Científico en España

O distintivo avala o valor do roteiro como experiencia de turismo responsable, baseada na divulgación científica e na conservación da biodiversidade

Illas Atlánticas, un destino de ciencia

Primeira entrega da guía turística Observer das Illas Atlánticas

O Xardín botánico de Padrón, novo destino Observer de Turismo Científico

O selo destaca as súas numerosas especies botánicas singulares e a organización de actividades periódicas para enxalzar a ciencia