O 95% dos procedementos administrativos da Xunta máis solicitados serán dixitais en 2027

O investimento no Plan de Dixitalización Plena achégase aos 10 millóns de euros para avanzar en tecnoloxías como a intelixencia artificial e a analítica de procesos

Os procedementos administrativos da Xunta que reciben máis de 100 solicitudes ao ano tramitaranse de xeito totalmente dixital en 2027, de acordo cos obxectivos do Plan de traballo de dixitalización plena dos procedementos 2026-2027.

Esta planificación, que implicará investimentos que suman 9,79 millóns de euros, avanzará no uso de tecnoloxías como as automatizacións, a intelixencia artificial e a analítica de procesos para facilitarlle á cidadanía galega os seus trámites coa Administración e cumprir cos obxectivos do III Plan de Administración e Goberno Dixital.

Publicidade

O uso das tecnoloxías na Administración dixital permite ofrecer uns servizos máis eficaces, máis personalizados, máis accesibles e máis seguros. Humanizar a Administración é un dos obxectivos principais da visión 360º da cidadanía que ten en marcha a Xunta.

A dixitalización plena dos procedementos e as automatizacións simplifican as tramitacións, tanto para as persoas e empresas (que, por exemplo, non teñen que achegar documentación que xa presentaran con anterioridade en calquera oficina ou departamento), como para quen traballa na Administración, que, ao desprenderse de accións mecánicas e repetitivas, poderá dedicar máis tempo á resolución de problemas concretos.

Publicidade

Nesta liña, continuarase traballando na simplificación dos procedementos. No que vai do ano 2025 analizáronse 40 procedementos administrativos e simplificáronse 22, o que vai repercutir nunha redución de 40 cargas administrativas para a cidadanía, que se estima que beneficiarán a unas 180.000 persoas aproximadamente.

Ampliar funcionalidades

Ao tempo, continuarase o impulso dos servizos proactivos que permite á Administración anticiparse ás necesidades da cidadanía a través de mecanismos intelixentes que activan automaticamente trámites dirixidos a persoas concretas (como a renovación dun carné ou unha licencia, ou a solicitude dunha axuda ou subvención). Deste xeito, é a propia Administración a que contacta co cidadán para ofrecerlle estes servizos.

A planificación prevé, así mesmo, a ampliación das funcionalidades en mobilidade para a cidadanía, como a aplicación para móbiles Xunta Eu. Ademais, inclúe medidas para a dixitalización das oficinas de atención á cidadanía e rexistro e o impulso de novos escenarios de interoperabilidade entre departamentos e Administracións.

Catro graos de dixitalización

Para determinar o alcance da dixitalización, o informe identifica catro graos, entre un nivel 0 para os procedementos ou servizos que non dispoñen dunha ferramenta dixital, ata o nivel 3, para aqueles que, ademais de contar cunha ferramenta que garante a relación dixital coa cidadanía, están integrados cos sistemas transversais para cumprir coas obrigas de xestión interna dixital.

Na actualidade, a porcentaxe de procedementos que reciben máis de 25 solicitudes anuais co maior grao de dixitalización (nivel 3) é do 31%. O obxectivo establecido no plan é chegar ao 50% en 2027. Esta meta sobe ata o 95% no caso dos procedementos que reciben máis de 100 solicitudes anuais; é dicir, os máis solicitados pola cidadanía e que representan máis carga de traballo para a Administración.

As consellerías que dispoñen de máis procedementos co maior grao de dixitalización son a de Economía e Industria, co 41% no nivel 3; e a de Emprego, Comercio e Emigración, co 40%. Ambas atópanse tamén entre as consellería que xestionan máis solicitudes e tramitacións.

En canto á porcentaxe de solicitudes con expedientes na carpeta cidadá, é xa do 100% na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e na Consellería do Mar. Esta porcentaxe é tamén moi elevada (o 86%) no caso da Consellería de Medio Rural.

Arquivo electrónico administrativo

Para lograr os obxectivos, o Plan establece actuacións para a disposición dun sistema de tramitación que permita desenvolver o proceso de xeito plenamente dixital mediante sistemas transversais de tramitación, sistemas ou plataformas sectoriais, e aplicacións específicas para pequenos procedementos. A Xunta tamén completará a dixitalización dos trámites relacionados con axudas e subvencións.

Así mesmo, o modelo prevé unha redución significativa da solicitude xenérica que non conta cun sistema electrónico específico. Outro dos obxectivos é dispoñer dunha visión integral a través da universalización do uso de ferramentas de tramitación dixital, integradas no sistema contable.

Para mellorar a calidade dos documentos e dos datos, a Xunta impulsará o seu arquivo electrónico administrativo, que actualmente integra o 42% dos procedementos, ata alcanzar o 70% en 2027. Así mesmo, reforzará a actualización continua da información das persoas a través da carpeta cidadá. Esta mellora estará aliñada cun sistema centralizado de datos no Nodo de Información Cidadá (Citizen Data Hub), que establece un modelo de identificación único para cada persoa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Esta é a situación de Ponteareas no mapa do risco de radon

A Consellería de Sanidade pecha temporalmente a planta soto do centro de saúde municipal e reorganiza o persoal tras detectar niveis elevados do gas canceríxeno

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor extrema no interior de Pontevedra

O Goberno galego advirte de que os avisos poderán manterse durante varios días polos posibles efectos adversos para a saúde da poboación

Luz verde ao Pacto Dixital entre a Xunta e o sector das TIC para a modernización tecnolóxica de Galicia

A iniciativa impulsada pola Amtega busca abrir novas oportunidades de negocio, reducir a fenda dixital e promover a colaboración no ámbito da tecnoloxía

A Xunta amplía as zonas en nivel vermello por episodio de calor extrema

O litoral galego manterase nos 30ºC, o interior da comunidade superará os 34ºC e o val do Miño e do Sil acadarán os 40ºC