A enxeñeira ferrolá Mónica Fernández Bugallo, Premio Ada Byron

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia recoñece á investigadora da universidade estadounidense de Stony Brook

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acordou outorgar o Premio Ada Byron á enxeñeira en informática Mónica Fernández Bugallo (Ferrol, 1975) profesora de comunicación dixital e procesamento do sinal do Departamento de Enxeñaría Eléctrica e Informática da Universidade de Stony Brook en New York, ademais de directora do Programa “Mulleres na Ciencia e a Enxeñaría (WISE–Women in Science & Engineering)” desde 2016.

Mónica Fernández recibirá o galardón na gala da “XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”, que se celebrará o vindeiro 28 de xuño no Hotel San Francisco de Santiago de Compostela. O premio, segundo subliña o CPEIG quere “dar visibilidade á participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía: como usuarias, como emprendedoras, como xeradoras de innovación, investigadoras e líderes do sector das novas tecnoloxías”, nun sector no que se mantén unha das principais fendas de xénero das disciplinas técnicas.

Publicidade

Mónica Fernández Bugallo

A investigadora ferrolá obtivo o seu doutoramento en informática na Universidade de Coruña (UDC) en 2001. Desde 1998 a 2000 traballou no Departamento de Electrónica y Sistemas da UDC, onde desenvolveu o seu traballo de investigación sobre a cancelación da interferencia aplicada aos sistemas de comunicación multiusos. Aquí recibiu o Premio á Mellor Estudante e mellor Doutoramento. En 2002 ingresou no Departamento de Enxeñaría Eléctrica e Informática da Universidade de Stony Brook.

Os seus intereses de investigación están no campo do procesado de sinais estatísticos, con énfase na teoría dos métodos de Monte Carlo e a súa aplicación en diferentes disciplinas, incluíndo a biomedicina, a ecoloxía, as redes de sensores e finanzas.

Publicidade

Alén disto, Mónica Fernández mantén desde a dirección de WISE unha notable actividade centrada na participación das mozas e mozos nas disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), co obxecto de involucrar aos alumnos e espertar unha serie de emocións en todas as fases académicas da enxeñaría e da investigación, centrándose nos grupos menos representados.

“Formar parte de WISE supón estar nunha comunidade de estudantes, profesores e persoal de apoio comprometidos en axudar ás mulleres a perseguir os seus intereses en ciencias, matemáticas e enxeñaría”, explica a informática ferrolá.

Do meso xeito, Mónica Fernández tamén é a investigadora principal de tres proxectos educativos financiados polo National Science Foundation (NSF), incluíndo o proxecto de educación, orientación, avance e aprendizaxe en tecnoloxía e enxeñería “Education, Guidance, Advancement, and Learning in Technology and Engineering” (ÉGALITÉ), que ofrece un amplo programa de divulgación para estudantes, profesores e conselleiros no nivel do ensino medio para involucralos na paixón, o reto e a oportunidade da enxeñaría, unha profesión que promove a mobilidade social e económica, así como unha tecnoloxía innovadora.

O premio Ada Byron, que en edicións anteriores recibiron investigadoras como Luz Castro, Susana Ladra, Bertha Guijarro, Eva Dafonte, Nieves Rodríguez Brisaboa, María José Talavera ou Miriam Pena, rende homenaxe á escritora e matemática británica (1815-1852) que describiu a máquina analítica de Charles Babbage e está considerada como a primeira programadora, E deduciu e previu a capacidade dos ordenadores para ir máis alá dos simples cálculos numéricos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Podcast | Cando a tecnoloxía axuda a entender a realidade da parálise cerebral

O proxecto Talentos Inclusivos centra o segundo episodio da terceira tempada de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración co CITIC

Sara Varela González: bióloga dende Brasil ata Galicia

Cunha traxectoria profesional en Europa e América, a investigadora destaca polos seus estudos no contexto da ecoloxía teórica, cun foco claro: por que as especies están onde están e son como son

Por que as mulleres tardan 14 anos máis que os homes en conseguir unha cátedra?

Malia que a súa representación no comezo dos estudos universitarios é maior que a dos homes, a cifra de catedráticas é só dun 22% en Galicia

Guía para o Black Friday en Galicia: como evitar que te estafen

As principais ciberaemazas son a chegada de mensaxes de texto ou correos electrónicos con ligazóns a unha páxina falsa