Lanzan un videoxogo das Cantigas de Santa María de Afonso X

Dous alumnos da Universidade da Coruña, premiados polo xogo 'O Mester' nun certame convocado pola Asociación Galega do Videoxogo e o CCG

O xogo “O Mester”, deseñado polos alumnos do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, Carlos Balado Sánchez e Pablo García de los Salmones Gómez, vén de gañar a game jam “Afonso X e Galicia” convocada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e máis pola Asociación Galega do Videoxogo. A entrega do premio, dotado con 250 euros en metálico, terá lugar, o vindeiro venres 16 de abril, ás 17:00 horas, na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.

Tal e como explican os dous estudantes da Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus de Ferrol, o videoxogo parte da tradición musical das Cantigas de Santa María e propón ás persoas usuarias retos musicais cos personaxes das ilustracións do Códice. Segundo indican desde o CCG, o xurado destacou que o proxecto galardoado “conta cunha ambientación musical e visual moi coidada e toques humorísticos que o converten nunha proposta atractiva que permite amosar o potencial das Cantigas de Santa María para seren incorporados a formatos e linguaxes do presente”.

Publicidade

Un encontro virtual

Ao fío da exposición “Afonso X e Galicia”, que se poderá visitar ata o próximo 24 de abril na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, o CCG convocou, en colaboración con Videoxogo.gal, un encontro virtual de desenvolvedores para difundir este legado cultural entre o público máis novo botando man doutros soportes e linguaxes. Na game jam participaron tamén outros dous xogos, “Decimus”, de Xogon e Xurzo Diz, e “Alfonso X y las cuatro cantigas”, de macanaDEV.

De esquerda a dereita, os alumnos gañadores: Carlos Balado Sánchez e Pablo García de los Salmones Gómez.

O xurado estivo integrado pola profesora da Universidade da Coruña (UDC), directiva de Videoxogo.gal e socia de Imaxin|software, Luz Castro Pena, polo membro da Sección de Lingua e Literatura e Comunicación do CCG e editor da revista Morcego, Carlos Pereiro, e mais polo xornalista, profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da plataforma de divulgación culturagalega.gal, Manuel Gago.

Publicidade

Aquí podes acceder ao videoxogo das Cantigas gañador

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Entre mitoloxía celta e xornais locais: así se representa a Galicia nos videoxogos

Unha investigación do doutor Ramón Méndez González amosa como as producións 'The Waylanders' e 'TAPE' combinan elementos reais e fantásticos para recrear a tradición galega

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos