Un equipo de Santiago usa intelixencia artificial para previr riscos tras un infarto

Os pacientes empregan unha aplicación que lles permitirá levar un maior e mellor autocontrol da súa evolución e progresos

O Intituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), xunto coa unidade de Rehabilitación Cardíaca do Servizo de Cardioloxía do Hospital Clínico de Santiago (CHUS), está a traballar a usar intelixencia artificial para detectar e previr riscos e complicacións tras un infarto. A iniciativa está integrada dentro do proxecto europeo Timely, destinado a pacientes con cardiopatía isquémica crónica que están a participar nun programa de rehabilitación cardíaca.

As persoas que formen parte do estudo, que serán aquelas que tras un infarto presenten un risco incrementado de complicacións, disporán dunha aplicación desenvolvida a través do uso de intelixencia artificial. Isto permitiralles levar a cabo un maior e mellor autocontrol da súa evolución e dos seus progresos tras un programa de rehabilitación cardíaca.

Publicidade

Segundo explican dende o IDIS, a hipótese de Timely é que o uso da aplicación pode ser eficaz e, ademais, rendible para a prevención secundaria da enfermidade arterial coronaria, limitando os efectos tanto fisiolóxicos como psicolóxicos da mesma e mellorando a xestión dos factores de risco, ademais de reducir a mortalidade a longo prazo.

No proxecto, ademais do equipo galego, tamén se conta coa colaboración doutros tres países europeos, que son Holanda, Alemana e Grecia. No caso do CHUS, o Servizo de Cardioloxía achega a experiencia dos 1.500 pacientes atendidos no programa de Rehabilitación Cardíaca dende 2015. En conxunto logrouse unha mellora do seu prognóstico que confirma o impacto positivo deste tipo de programas de rehabilitación.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Tapar o cheiro dos peregrinos? Non, este é o verdadeiro propósito do botafumeiro da Catedral de Santiago

O divulgador de historia da arte El Barroquista desmonta unha crenza estendida e sinala que a súa función estaba ligada á solemnidade do templo

O Álvaro Cunqueiro realiza o implante pioneiro dunha nova válvula para tratar a insuficiencia aórtica

O dispositivo está deseñado especificamente para o tratamento desta patoloxía e emprégase por primeira vez en España