A Coruña acolle un congreso sobre tecnoloxías gráficas libres

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolle desde este mércores ata o venres a conferencia internacional X.Org Developer’s, un encontro con expertos das tecnoloxías gráficas libres, coas que traballan sistemas operativos como GNU/Linux e Android. No congreso estarán presentes 150 participantes, algúns deles expertos internacionais de empresas líderes no eido tecnolóxico, como AMD, ARM, Collabora, Google, Igalia, Intel, NVIDIA ou Valve.

Na conferencia discutiranse os avances das mesmas entre a comunidade de desarrolladores. O evento está organizado pola asociación GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) e a Universidade da Coruña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Companía de Tranvías da Coruña e Igalia, a consultora de software libre afincada na Coruña.

Publicidade

Ao longo dos tres días, alén das conferencias que se celebran no salón de actos da Facultade de Informática, a cidade acollerá actividades paralelas, con visitas turísticas e de convivencia entre os participantes no congreso.

As sesións da conferencia poden seguirse vía streaming a través da plataforma de vídeoconferencia da UDC: https://tv.udc.gal/live/5b99033e11cad1f7358b458a.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha rara bolboreta nocturna reaparece en Galicia tras 150 anos e logra reproducirse

A observación dun exemplar en Fene e o posterior achado de eirugas confirman a presenza da esfinxe da adelfa, migratoria e pouco habitual no Atlántico

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos