Venres 19 Abril 2024

O Constitucional anula o artigo que permitía a espionaxe política nas redes sociais

O Pleno rexeitou o apartado 1 do artigo 58 da LOREG, que daba vía libre á "compilación de datos persoais relativos ás opinións políticas das persoas"

O Pleno do Tribunal Constitucional reunido este mércores declarou “contrario á constitución e nulo” o polémico apartado 1 do artigo 58 bis da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), cuxa reforma pactaran os principais partidos a finais do pasado ano, e que permitía, segundo o seu propio texto indica, “a compilación de datos persoais relativos ás opinións políticas das persoas que leven a cabo os partidos políticos no marco das súas actividades electorais”. Unha práctica que estaría “amparada no interese público unicamente cando se ofrezan garantías adecuadas”.

Na práctica, esta reforma abría un escenario ao que podería ser “O Cambridge Analytica español”, segundo denunciaron xuristas consultados naquel momento por xornais como El Confidencial ou eldiario.es. É dicir, a publicación nos muros abertos das redes unha mensaxe política podería ser aproveitada polos partidos para construír as súas mensaxes de forma personalizada, pedindo o voto ou criticando ao adversario para desmobilizar ao electorado rival.

Publicidade

Este apartado tamén permitiria, por tanto, que as formacións políticas enviasen spam electoral aos cidadáns sen o seu consentimento previo. Ante isto, no mes de marzo, o Constitucional admitiu a trámite o recurso do Defensor del Pueblo pola inconstucionalidade desta norma. Neste texto, o Defensor subliñaba que “a posibilidade, ou máis ben a certeza, como acredita o todavía recente asunto de Cambridge Analyticia, da utilización destas técnicas para modular, cando non manipular, opinións políticas, evidencia a necesidade de que as garantías normativas e as limitacións legais sexan contundentes, precisas e efectivas”. Este recurso provocou agora a decisión do Constitucional.

Nun artigo no seu blog, o avogado Borja Adsuara, un dos impulsores do grupo de xuristas que denunciou a vulneración de dereitos do artigo 58 bis, subliñou: “Dá vertixe pensar o que tería pasado se un grupo de cidadáns non caeramos na conta da barbaridade xurídica que se aprobaría. Pasaría totalmente desapercibida e os partidos políticos terían feito o que quixeran cos nosos datos persoais e as nosas opinións. A lección aprendida é que debemos estar todos vixilantes“.

Neste sentido, antes de coñecerse a decisión do Constitucional, algunhas entidades en Galicia, como o Colexio Profesional en Enxeñaría Informática (CPEIG), xa emitiran guías destinadas aos cidadáns para evitar o tratamento de datos persoais con fins políticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Social Minder, a ferramenta que detecta bulos da covid en redes sociais

A tecnoloxía desenvolvida polo CiTIUS monitoriza os contidos difundidos en Internet para analizar problemas como a desinformación

Ferramentas galegas de acceso libre para a xestión da Big Data

O grupo de estatística do CINBIO desenvolve unha liña de investigación sobre os problemas dos datos de alta dimensión

Antonio López encara o seu segundo mandato na USC tras ser reelexido reitor

O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, único candidato nos comicios, obtivo un total de 1.636 votos