A Xunta lanza un programa en competencias dixitais para formar a 45.000 galegos 

A acción formativa impulsada por Amtega é de carácter gratuíto e 100% en liña, e está dirixida a persoas de entre 14 e 74 anos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) anunciou a posta en marcha do programa Formación Dixital, unha acción formativa de carácter gratuíto e 100% en liña para capacitar en competencias dixitais a máis de 45.000 persoas de entre 14 e 74 anos ata 2025. 

O obxectivo do programa é impulsar a alfabetización dixital da sociedade galega, no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030, facilitando o achegamento á tecnoloxía e á capacitación dixital da cidadanía para que poida desenvolverse con confianza e seguridade no contexto dixital actual.  

Publicidade

O programa ofrece, neste momento, un curso de nivel intermedio, xa con inscricións abertas a través da web www.formaciondixital.gal. A formación ten unha duración máxima de 10 semanas, e ofrece unha aprendizaxe guiada, con contidos formativos e actividades prácticas, ademais de sesións de acompañamento e titorías personalizadas con especialistas para resolver dúbidas e dificultades. 

Cinco eixes temáticos

De acordo co Marco Galego de Competencias Dixitais, o programa abrangue cinco eixes temáticos: información e datos, comunicación e colaboración, creación de contido dixital, seguridade e privacidade, e solución de problemas da contorna dixital.  

Publicidade

A realización da formación permite adquirir competencias dixitais para resolver situacións cotiás como realizar transaccións electrónicas ou interactuar coas administracións públicas, así como mellorar as posibilidades profesionais ou obter información de interese sobre ferramentas de ciberseguridade ou tecnoloxías emerxentes. Ademais, os participantes obterán (se superan o 80% das actividades avaliativas) un diploma de aproveitamento  emitido por Amtega. 

70% de galegos con competencias dixitais en 2025 

A formación, financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (Next Generation da Unión Europea) tamén servirá de base para preparar a Certificación Galega de Competencias Dixitais (ComDix). Con este programa, a Xunta de Galicia busca dar resposta ao compromiso de que o 70% dos galegos teñan competencias dixitais básicas en 2025 —fronte ao 52,1% actual—, marcado na Estratexia Galicia Dixital 2030. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca