A Xunta impulsa un proxecto para despregar fibra nos cascos históricos

Amtega, xunto ao operador público Retegal e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, elaboraron un catálogo de solucións

O despregamento da fibra óptica nos cascos históricos das cidades é un problema que ocupa a diversos concellos galegos dende hai anos, xa que as dificultades técnicas e os condicionantes existentes pola protección do patrimonio impiden a particulares e empresas destas zonas contar coas vantaxes que supón o acceso a internet de alta velocidade. Agora Amtega, xunto ao operador público Retegal e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, ven de elaborar un catálogo de solucións para o tendido de fibra óptica que abre unha oportunidade para que sexa posible a implantación destas redes nas contornas urbanas de especial protección e nos conxuntos históricos.

Nunha xornada celebrada en Santiago de Compostela o pasado 22 de xullo presentáronse as diversas solucións técnicas que poden adoptarse para o despregamento da fibra, respectando as condicións de protección que teñen este tipo de enclaves urbanos. O catálogo vai acompañado por medidas xurídico-administrativas para axilizar a aprobación dos proxectos que poñan en marcha os diversos operadores nestas zonas.

Publicidade

Miguel Rodríguez, director xerente de Retegal, explica que entre as solucións técnicas que inclúe o catálogo se atopan o despregamento da fibra a través das redes de canalización, a colocación das caixas para a implantación das redes entre o pavimento e a capa do solo que teña valor arqueolóxico ou implantar a fibra aproveitando o espazo existente entre medianeiras ou nas baixantes de augas. Dependendo da problemáticas existente en cada lugar, poden combinarse varios tipos de solucións técnicas.

Rodríguez apuntou que nos atopamos no inicio da procura dunha solución para poder acometer o despregamento da fibra e, ao mesmo tempo, respectar as condicións de conservación do patrimonio histórico das cidades. Santiago de Compostela é un dos casos máis complexos debido ao elevado nivel de protección co que conta o seu casco histórico, sen embargo a Xunta, o Concello e o Consorcio de Santiago están a colaborar na elaboración de solucións técnicas que permitan a implantación de fibra no casco histórico compostelán e a extrapolación destas solucións a outras vilas e cidades.

Publicidade

Pola súa banda, o subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Manuel Chaín, sinala que este tipo de solución poderían chegar a aplicarse nos 23 conxuntos históricos existentes en Galicia, dos que 21 se atopan en núcleos urbanos. Engade que é moi necesario emprender a implantación da fibra óptica nestas zonas xa que senón “as cidades históricas van a perder moitas cousas” y que as administracións públicas deben de considerar a posibilidade de contribuir con diñeiro público a implantar estas solucións.

A Xunta solicitará a clasificación dos cascos históricos como “zonas brancas” para poder optar a axudas públicas

A Xunta está a traballar no desenvolvemento normativo da Lei de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana de Galicia para garantir a simplificación administrativa dos trámites necesarios para aprobar os proxectos de despregamento da fibra.

Ademais, a Xunta solicitará ao Estado a clasificación dos cascos históricos como “zonas brancas” para que poidan concorrer ás axudas estatais de despregamento de fibra, xa que só as zonas con esta tipificación (e dicir, sen cobertura) poden ser susceptibles de optar a subvencións públicas.

A directora de Amtega, Mar Pereira, considera que coa publicación do catálogo e coa apertura da consulta aos operadores, Galicia está a abordar unha problemática presente en toda a Unión Europea para a que ata o de agora non se ofrecera solución. Ademais, avanzou que se traballará nun catálogo de solución técnicas compatibles coa protección do patrimonio e o medio ambiente para a tecnoloxía 5G nos conxuntos históricos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta lanza unha iniciativa para modernizar a Administración con tecnoloxías disruptivas

A iniciativa solucionará as necesidades do sector público con IA, datos e 5G para mellorar os servizos e a relación coa cidadanía

Da saúde á loita contra os incendios: estas son as máis de 20 iniciativas con uso de IA da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica anuncia dez proxectos en fase de produción, e o resto en desenvolvemento, pilotaxe ou proba

Luz verde ao Pacto Dixital entre a Xunta e o sector das TIC para a modernización tecnolóxica de Galicia

A iniciativa impulsada pola Amtega busca abrir novas oportunidades de negocio, reducir a fenda dixital e promover a colaboración no ámbito da tecnoloxía

A revolución intelixente da Xustiza galega: o Plan Senda 2028 propón un sistema máis inclusivo

O Goberno galego aproba unha estratexia que introduce a intelixencia artificial no sistema xudicial, ten unha xestión bilingüe co programa Atenea e dota de ferramentas tecnolóxicas ás 268 oficinas municipais