Lanzan a aplicación ‘Velumap’ para controlar a velutina en Galicia

A Universidade de Santiago e o Centro de Supercomputación de Galicia estrean esta app para monitorar o avance da vespa asiática

Na procura de predicir o patrón de expansión que pode chegar a ter a vespa asiática, un equipo da USC desenvolveu a plataforma automatizada ‘VeluMap’ para a predición da distribución, tanto espacial como temporal, deste insecto.

Esta é unha aplicación operativa no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e accesible na web no enderezo http://webs-gis.cesga.es/velutina que xurde no contexto do convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para o ‘Estudo da problemática asociada a avespa velutina’.

Publicidade

Esta plataforma está dispoñible de xeito gratuíto tanto para móbiles con sistema Android como IOS nas súas correspondentes plataformas de descarga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE incorpora o físico César Cabrera cun proxecto ERC de 1,9 millóns sobre simulación cuántica

O investigador mexicano abrirá en Galicia unha nova liña de investigación en átomos ultrafríos e reforzará a aposta do centro polas tecnoloxías cuánticas

Simulación cuántica e trampas de ións: como funcionará o novo laboratorio do IGFAE e o CESGA?

O instituto da USC acollerá un laboratorio único en España para estudar física nuclear e de partículas e colaborar con usuarios de todo o mundo

Galicia impulsa o seu liderado en tecnoloxías cuánticas con dous novos laboratorios

O IGFAE e atlanTTic colaborarán no desenvolvemento de procesadores destinados á física de partículas e á computación óptica

Galicia participará no primeiro centro europeo de excelencia cuántica

USC, UDC e Cesga lideran esta iniciativa formada por 11 socios de cinco países da UE e que busca fomentar o desenvolvemento destas tecnoloxías e garantir o liderado