Galicia achega oportunidades para as novas iniciativas empresariais

As pequenas e medianas empresas, en moitos casos asociadas a sectores estratéxicos da ciencia e da tecnoloxía, teñen en Galicia Emprende unha oportunidade para botar a andar. A nova convocatoria destas axudas, que está activa ata o 25 de outubro, vai dirixida a proxectos promovidos en Galicia, tanto de nova creación como de consolidación de empresas durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento. A través desta iniciativa preténdense achegar axudas por valor de 3 millóns de euros para impulsar 80 proxectos de autónomos e emprendedores, xerando investimentos por 11 millóns de euros.

Galicia Emprende poderá cubrir ata o 30% dos investimentos nas pequenas empresas e ata o 20% nas medianas

Esta liña de apoio ao emprendemento, coordinada pola Xunta e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Económico, ten como obxectivo estimular o tecido empresarial galego e fomentar a xeración de emprego mediante a creación e fortalecemento de novas pemes. O importe dos investimentos apoiados está comprendido entre os 25.000 e os 500.000 euros e as axudas concedidas poderán cubrir ata o 30% dos mesmos no caso das pequenas empresas e ata o 20% no das medianas.

Publicidade

Rural Emprende

Co mesmo obxectivo, pero focalizando a acción no ámbito rural, a Xunta vén desenvolvendo o programa Galicia Rural Emprende, deseñado para promover a diversificación e creación de novas empresas non agrícolas sobre o territorio.

Publicidade

Mediante estas dúas iniciativas, durante o ano pasado o Goberno galego apoiou 162 proxectos empresariais de emprendedores que mobilizaron máis de 18 millóns de euros en novos investimentos que levan asociada a creación e o mantemento de 385 postos de traballo.

Xunto a estas liñas de axudas, a Xunta facilita formación e asesoramento especializado a través de iniciativas como a rede de espazos coworking, e ofrécelles aos emprendedores, a través do Igape, servizos como a Rede Galega de Mentores, e instrumentos de apoio que inclúen as axudas reguladas mediante programas como Galicia Emprende ou Galicia Rural Emprende, os novos préstamos directos do programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIS), ou o financiamento a través de fondos de capital risco.

Espazos coworking

Facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o conxunto do territorio galego, incrementando así as probabilidades de éxito das iniciativas impulsadas polos emprendedores, é o obxectivo dos espazos coworking que están a desenvolver a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI). Esta rede, que se puxo en funcionamento en 2016, busca contribuír ao desenvolvemento e consolidación de iniciativas empresariais e á creación de emprego.

A iniciativa, na que cooperan a Administración autonómica e a EOI, xa ten permitido consolidar en toda Galicia preto de 420 proxectos promovidos por  máis de 500 emprendedores galegos. Nesta edición participan oito espazos de emprendemento: Celanova-Terras da Limia, A Mariña lucense (en Mondoñedo), A Ribeira Sacra (en Monforte de Lemos), Santiago, Ferrolterra, A Costa da Morte (en Cabana de Bergantiños), O Salnés (en Vilanova de Arousa, centrado sobre todo no turismo e a alimentación), e un oitavo coworking en San Cibrao das Viñas (Ourense) onde prima a industria forestal.

Estas iniciativas contribúen a dinamizar a economía e o emprego dos concellos máis pequenos, así como aproveitar os recursos de cada zona para crear novas oportunidades e fixar poboación. Deste xeito, estas aceleradoras xeran o clima de confianza necesario para poñer en marcha un negocio á vez que se fomenta o traballo colaborativo.

Rede galega de aceleradoras

Esta actuación responde ao compromiso da Xunta co emprendemento, enmarcándose nunha rede de aceleradoras de Galicia coa que se apoiaron xa máis de 900 proxectos nos últimos cinco anos a través de iniciativas como Agrobiotech en Lugo e Ourense, centrada nos sectores agroalimentario, forestal e a biomasa; a Business Factory Auto (BFA), en Vigo, coa colaboración de PSA, Zona Franca e Ceaga; os programas Connecting for Good Galicia e Galicia Open Future, en Santiago, coa participación de Vodafone e Telefónica, respectivamente; ViaGalicia, en Vigo e Lugo, que conta co apoio de Zona Franca; ou a primeira incubadora de fármacos de España, que se promove desde Santiago coa Fundación Kaertor e a multinacional Janssen; ademais de aceleradoras privadas centradas en proxectos de I+D+i.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un fármaco para recuperarse tras un ictus e unha tecnoloxía de selado de latas, Premios á Transferencia

Os galardóns que outorgan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación premian un grupo do IDIS e outro da UVigo

Galicia avanza cara un composto innovador con eficacia contra as células nai do cancro

O proxecto MEDICS do CIQUS, inicialmente apoiado polo programa Ignicia da Xunta de Galicia, desenvolve terapias innovadoras de baixa toxicidade para tratar tumores como os de colon ou páncreas

A biotecnoloxía galega lanza a súa ofensiva en BioSpain para captar investimento

A feira que se celebra en Barcelona estima bater o récord da última edición, que contou con case 1.000 empresas e máis de 2.200 profesionais

Do bicho da fariña ao envase sostible: a tese galega que transforma insectos en biofilms

Un proxecto da Universidade de Vigo e Cifga, apoiado polo programa Doutoramentos Industriais da Xunta de Galicia, explora o uso do escaravello ‘Tenebrio molitor’ para desenvolver materiais biodegradables de baixo impacto ambiental