Santiago convoca o encontro ‘Mulleres que coa ciencia crean empresas’

s xornadas formativas de verán Mulleres Universitarias e Empresarias celebraranse do 15 ao 17 de xuño co lema ‘Mulleres que coa ciencia crean empresas’. A USC e o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades organizan este encontro de carácter gratuíto que debaterá sobre a relación entre ciencia, xénero e emprendemento universitario no marco do Convenio Innovaria 8.3.

Para facilitar a participación, o programa estrutúrase en tres xornadas que, aínda que relacionadas, poderán atenderse de forma independente. Neste senso, no formulario de inscrición poderá solicitarse reserva de prazas en todas as xornadas ou naqueles que susciten un interese concreto. A data límite para formalizar a inscrición remata o 5 de xuño.

Publicidade

No edificio Emprendia da USC, o programa de intervencións agrupa dous bloques que abordarán distintos puntos de vista implicados na temática da xornadas. Por unha banda participarán científicas que aludirán á igualdade e á transversalidade de xénero na investigación e como ten repercutido na definición dunha ciencia sesgada, para homes e mulleres. Por outra, partindo do sesgo androcéntrico do emprendemento, o programa proporá traballar obradoiros prácticos de creación de empresas que xorden do coñecemento, coa particularidade das spin-off académicas promovidas por mulleres.

Tamén se presentarán o proxecto EnRed 8.3, resultado á súa vez de Innovatia 8.3 e que avanza na etapa de desenvolvemento e consolidación das empresas de base tecnolóxica. Tamén terá cabida a presentación do programa específico de Amadrinamento no que mulleres expertas préstanse a facer labores de mentoring a Emprendedores Afilladas coa meta común de conseguir empresas de valor, responsables e consolidadas no tempo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Deixar atrás o tabú

O desabastecemento de fármacos contra a menopausa afecta a 400.000 mulleres en España. Por Andrea Veiga

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas