Antonio de Ron: “Non temos unha industria que demande as sementes galegas”

Plantar legumes enriquece a terra con nitróxeno, ten menos coste que outras produccións e non contamina nin o chan nin o aire. Con este premisa, a organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura -FAO polas súas siglas en inglés- designou o 2016 como o seu ano, o ano da proteína vexetal. “As prioridades este ano son extender o seu consumo a algúns países e continuar coa sua mellora xenética”, explica o investigador do CSIC Antonio de Ron, que dende a Misión Biolóxica de Galicia se ocupa da consevación e mellora xenética do millo, a vide, a xudía, o guisante e as brásicas, que abranguen cultivos tan tradicionais en Galicia como a berza, a col ou o repolo.

Antonio de Ron.
Antonio de Ron.

É a alianza das leguminosas coas bacterias do chan chamadas rizobios a que permite fixar no solo o nitróxeno do aire e enriquecer os solos. “Isto permite despois cultivar outras cousas, como os cereais” sen agotar a terra. Unha simbiose que se dá en nódulos das raíces das leguminosas e que está abrindo moitas líneas de investigación ao respecto. As principais pesquisas, nembargantes, céntranse na mellora xenética cun obxectivo claro: aumentar a produción. Algo, indica De Ron, “relativamente asequible”. Trátase de adaptar as legumes a novas condicións climáticas e de terreo ou mellorar a tolerancia as plagas. En definitiva, “producir unha resistencia durable para evitar ter que recurrir a pesticidas que contaminen o solo e os cursos de auga” e mellorar as cualidades do produto como que a pel sexa máis fina ou mellorar a textura. “Agora estase traballando en aumentar a presencia dalgúns compostos que melloran a saúde, como antioxidantes ou doutro tipo, que preveñen enfermidades cardíacas”, puntualiza o investigador do CSIC, que acaba de publicar o manual Grain Legumes (Leguminosas de Gran) coa editorial estadounidense Springer, un libro que recolle a situación da mellora xenética dos oito cultivos básicos de leguminosas de gran en todo o mundo.

Publicidade

Antonio de Ron, do CSIC en Pontevedra, vén de publicar o manual ‘Grain Legumes’ 

Nun pazo en Pontevedra está a sede da Misión Biolóxica de Galicia e o traballo decorre por outros camiños. “Creamos un banco de sementes, facemos estudios básicos das legumes que migraron dende América e como evolucionaron, os cambios xenéticos que experimentaron en Europa para adaptarse a diferentes condicións e tamén algúns estudios sobre o valor nutritivo e culinario de variedades protexidas, como a faba de Lourenzá”, indica De Ron. En Galicia, o cultivo de legumes restrínxese practicamente á faba e ao chícharo e as variedades de sementes “son enormes debido ao minifundio e a que non hai apenas produción comercial”. “Cada agricultor ten a súa semente que é herdeira de aquelas que viñeron con Colón, non hai compra comercial de sementes”, explica. De Ron comezou a percorrer no ano 1987 o noroeste da Península Ibérica, dende Asturias ao Norte de Portugal, recolectando sementes que se conservan na Misión Biolóxica formando unha base viva dalgúns cultivos que alimentaron a xeracións e xeracións de galegos.

025

Pero de toda esa riqueza só se tira un beneficio a pequena escala. “Periodicamente veñen a nós pequenos produtores que nos coñeceron a través doutra persoa e que queren semente para plantar na casa. Non hai unha industria que se dedique a comercializar”, explica. Pero, ¿hai algún tesoro no banco de sementes? “As minilegumes como o guisante bágoa, que saíu de aquí para utilizarse en alta restauración e ao comezo do seu cultivo vendíase a 300 euros o kilo”. Agora traballan nunha xudía tostada que ten a súa orixe nos Andes. “Nesa altura cocer era case imposible, así que alguén descubríu que esta variedade de xudía podía tostarse, como o cacahuete, pero sen pel e sen grasa”. Este aperitivo sano ten que superar aínda a dificultade da preparación a escala comercial, xa que precisa dunha maquinaria especial que é cara de producir. Tamén se agocha na Misión Biolóxica algunha legume que, máis alá do seu valor como cultivo, é “moi valiosa polo seu material genético”. “Pidénnolas para investigacións, pero non hai industria que o demande”, remarca.

Entre os tesouros da Misión Biológica está o chícharo bágoa

O profesor de investigacións do CSIC recorda que as legumes son unha parte moi importante da chamada dieta atlántica e que hai que potenciar a súa inxesta. De Ron explica que o consumo de legumes está moi extendido nalgúns países “nos que o consumo de proteína non é moi diverso” como pode darse en Sudamérica, onde o feixón é básico na alimentación. En Europa, nembargantes, o inxesta de proteínas vexetais perde espazo ante outras de orixe animal “gracias ao abaratamento do prezo do peixe e da carne”, indica. Esta tendencia invértese nos Estados Unidos onde hai un aumento de consumo de legumes que De Ron achaca a unha “maior presencia da comunidade hispana pero tamén aos beneficios que para a saúde xa que o consumo de legumes, por exemplo, evita a obesidade”. En España, as legumes que se consumen son case todas importadas. “Nos últimos 30 anos baixou dramaticamente o cultivo de legumes, deixando á parte as indicacións xeográficas e as producións de autoconsumo, porque non é rendible. Unha empresa arxentina, que ten grandes extensións de terras no norte do país, pode vender aquí as xudías verdes a menos de 1 euro o kilo”, lamenta De Ron. Por parte da Misión Biolóxica de Galicia, a promoción das legumes xa está en marcha con degustacións en feiras escolares e actos públicos. É que, incide De Ron, “un prato de fabas á xardineira non ten graxa ningunha”.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Demostrada a eficacia dun novo fármaco nun cancro de pulmón resistente

Un equipo do CSIC liderou dous estudos que presentan novas abordaxes en dúas mutacións de tumores que non responden a terapias dirixidas

Os premios Zendal galardoan dous proxectos sobre alzhéimer e vacinas animais

Na súa V edición o recoñecemento do grupo farmacéutico promocionará os proxectos dos investigadores Ivone Martins, da Universidade de Miño, e José de la Fuente, do CSIC

▪️ Un libro homenaxea o Matemático como o gran científico de Galicia

A obra da RAGC e do CCG está producida por GCiencia e coordinada polo académico Juan José Nieto Roig
00:00:36

Científicos de Vigo empregan drons para estudar a saúde do rorcual nas Rías Baixas

A campaña RorquGAL pretende caracterizar xenéticamente á poboación galega destes cetáceos