Venres 19 Abril 2024

As persoas cos ollos claros poden ter un maior risco de alcoholismo

As persoas cos ollos claros poden ter un maior risco de alcoholismo que as persoas con ollos de cor marrón escura, segundo suxire unha investigación recente. Un estudo, realizado na Universidade de Vermont e publicado na revista The American Journal of Medical Genetics, someteu a unha análise xenética a cidadáns americanos e os científicos descubriron que a taxa de dependencia do alcol é máis alta entre as persoas con ollos claros.

Os expertos analizaron a 1.263 cidadáns americanos de ascendencia europea, incluíndo 992 persoas que foran diagnosticadas con dependencia ao alcol e 271 persoas sen esta dependencia. A taxa de dependencia do alcol foi un 54% máis alta entre as persoas con ollos claros – incluíndo os ollos de cor azul, verde, gris e marrón claro – que entre os que tiñan os ollos marrón escuro. De entre todas as cores de ollos, a prevalecía do alcoholismo foi aínda maior entre as persoas de ollos azuis (un 80%).

Publicidade

A taxa do alcoholismo foi aínda maior entre as persoas de ollos azuis, cun 80%

“Isto suxire a intrigante posibilidade de que a cor de ollos pode ser útil para o diagnóstico da dependencia do alcol”, afirma Arvis Sulovari, estudante graduado en ciencia celular, molecular e biolóxica na Universidade de Vermont (Estados Unidos) e coautor do estudo.

A conexión entre a cor de ollos e un maior risco de alcoholismo foi confirmada polos resultados dunha análise xenética aos participantes, que mostrou unha relación significativa entre os compoñentes xenéticos responsables da cor dos ollos e do risco de dependencia do alcol dunha persoa.

Os investigadores aínda non saben as razóns exactas que poderían ser a base desta relación, e afirman que é necesario seguir investigando para profundar niso. Investigacións anteriores sobre persoas de ascendencia europea demostraron que as persoas con ollos de cor clara poden consumir máis alcol que a media de individuos con ollos escuros. Outros estudos tamén demostraron un vínculo entre a cor de ollos e o risco de enfermidade psiquiátrica, adicción e problemas de comportamento.

Segundo os expertos, unha posible explicación desta asociación podería ser que as persoas de ollos claros poden ser máis sensibles ás variacións dos niveis de luz (que se asociou con cambios anormais na produción da hormona reguladora do soño, a melatonina).

Con todo, o novo estudo ten limitacións. Aínda que os investigadores tomaron en conta o xénero e a idade dos participantes, para ver se eses factores podían xogar un papel importante no risco de dependencia do alcol, non examinaron outros factores que tamén poden afectar o risco de alcoholismo, como o seu nivel de ingresos ou o seu estado de saúde mental (depresión, por exemplo).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estes son os ‘biobots’, os primeiros robots de células vivas creados por humanos

Na Universidade de Vermont (Estados Unidos), á que pertencen os creadores...

O dano do alcol no cerebro mantense ao deixar de beber

Un novo estudo rebate a crenza de que as alteracións cerebrais se normalizan xusto despois de cesar a inxesta destas bebidas

O alcolismo pode inducir cambios xenéticos que aumentan a adicción

Un estudo atopa relación entre o consumo excesivo de alcol e alteracións en xenes implicados na tendencia a beber aínda máis

Crean un alcol sintético que non deixa resaca

Científicos británicos desenvolveron o 'alcosynth' unha substancia que reproduce os efectos das bebedeiras pero non causa danos no organismo