Xoves 25 Abril 2024

Alice Biometrics, o crecemento dunha solución para o rexistro remoto de clientes

A empresa, xurdida dende o centro Gradiant, obtén o galardón á mellor Idea Emerxente nos Premios Spin-Off PuntoGal

A spin-off viguesa Alice Biometrics, nacida a mediados de 2019, converteuse en moi pouco tempo nunha das líderes do mercado español de recoñecemento facial en remoto e aspira a tomar posicións no mercado europeo en moi pouco tempo. A compañía nacida dentro do centro de investigación Gradiant é a gañadora da V edición dos Premios Spin-Off PuntoGal na categoría de Idea Emerxente.

Esteban Vázquez, director técnico da empresa, explica que as investigacións que levaron a creación de Alice Biometrics comezaron no ano 2010 no centro Gradiant e acabaron culminando coa creación dunha empresa que tiña como obxectivo principal comercializar a solución para recoñecemento facial en remoto que desenvolverán un grupo de investigadores. En pouco máis de dous e coa pandemia do Covid-19 polo medio a empresa xa triplicou o seu número de traballadores, xa que ao inicio contaban con 8 e agora xa suman 22.

Publicidade

A solución que está a comercializar a empresa permite confirmar a identidade dunha persoa en remoto cunha autofoto que é comprobada coa imaxe existente nun documento de identificación. Deste xeito as entidades poden ter un sistema sinxelo e seguro para verificar a identidade dos seus clientes cando non se atopan fisicamente no lugar.

A solución máis intelixente

“Queremos seguir traballando para desenvolver a solución máis intelixente, automática e segura do mercado”, indica Vázquez, quen destaca do produto o feito de que evite as comprobacións manuais que retardan o procedemento pero sen perder seguridade. A tecnoloxía desenvolvida por Alice acelera os procesos de alta dos clientes, mellora a seguridade, evita os intentos de suplantación de identidade e ten en conta factores como o envellecemento ou o uso de gafas por parte das persoas a identificar.

Os clientes da empresa son sobre todo compañías relacionadas co sector Fintech, da mobilidade e do turismo. Entre as ducias de clientes cos que contan en apenas dous anos de actividade se atopan Cooltra, Verse (competidor de Bizum), Goin ou Woonivers. As posibilidades de crecemento son moi grandes xa que son  moitas as empresas cada vez precisan máis identificar de forma remota aos seus clientes e a pandemia do Covid-19 mesmo acelerou esta necesidade.

Coa creación da spin-off o proxecto incorporou persoal  de perfil comercial a un equipo que, ata ese momento, estaba formado principalmente por técnicos especialistas en procesado de imaxe, telecomunicacións ou machine-learning. “A nosa participación no programa Ignicia foi moi interesante porque permitiunos incidir en aspectos como o desenvolvemento do produto no que non eramos tan fortes”, indica Vázquez.

Os principais clientes de Alice Biometrics pertencen ao sector das Fintech, da mobilidade e do turismo. As posibilidades de crecemento son moi grandes cara aos próximos anos

O CTO de Alice Biometrics considera moi importante o que supuxo a creación da spin-off xa que é a primeira que saíu do centro Gradiant e agarda que haxa máis que sigan o mesmo camiño nos próximos anos. “É un paso natural dentro do que supón un centro de investigación como Gradiant porque trátase dunha das liñas de transferencia de tecnoloxía que están previstas polo propio centro”.

O xurado dos premios Spin-Off PuntoGal premiou a Alice Biometrics por dar solución a unha necesidade actual de empresas e outras entidades e tamén pola capacidade de atraer financiamento ao proxecto, pola súa vocación global e o polo feito de tratarse dunha iniciativa que naceu no centro Gradiant, no que participan as tres universidades galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Desmontando Mitos en catro minutos, o novo pódcast da colaboración de Gciencia coa Fecyt

O xornal da ciencia estrea este sábado a cuarta temporada da serie creada para combater falsas crenzas
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario