Sergas

PCR no ocio nocturno e ‘guerra’ ao botellón: medidas para unha nova etapa pandémica

O maior número de positivos desde finais de febreiro (366 casos en 24 horas) leva á Xunta a poñer o foco na mocidade para conter o 'estourido' na incidencia

O Hospital de Santiago implanta o primeiro corazón mecánico na área

Un equipo interdisciplinar do Sergas realizou a intervención a un paciente de 74 anos con insuficiencia cardíaca, que xa está de alta na casa

O comité clínico eleva as restricións en sete concellos por mor dos novos brotes

Carnota e Sarria estarán a partir do venres en nivel alto, e quedarán en nivel medio outros nove municipios con maior transmisión

Varios surtos sitúan a incidencia por riba de 50 casos tres semanas despois

Os casos vinculados a viaxes estudantís e encontros sociais poderían levar ao comité clínico, que se reúne este martes, a incrementar algunhas restricións

Unha empresa galega deseña un ‘kit’ para realizar biopsias líquidas

A spin-off Nasasbiotech, xurdida no IDIS de Santiago, desenvolve un método para mellorar o diagnóstico, prognóstico e seguimento de calquera tipo de tumor

Equipos galegos estudan a variante do SARS-CoV-2 espallada en España no verán de 2020

Investigadores do CINBIO, CiMUS e CHUS publican un artigo en "Nature" dentro do consorcio SeqCOVID, que realizou a análise xenómica da 20E (EU1)

Innova MicroLab, tecnoloxía de vangarda para a detección temperá das enfermidades infecciosas

O proxecto Innova MicroLab, que comeza a executarse en Galicia, pode supoñer un cambio de paradigma na detección das enfermidades infecciosas e na utilización...

Estes son os 206 concellos sen Covid-19 desde, polo menos, a semana pasada

Outros 100 municipios notifican menos de 10 positivos nos últimos sete días, e só sete superan esta cifra en todo o territorio

O Hospital de Santiago inicia un ensaio coa vacina de Pfizer en menores de 12 anos

Este luns recibiron a primeira dose os primeiros participantes no ensaio, que involucrará a 55 nenas e nenos de entre seis meses e 12 anos

Consentimento informado de AstraZeneca: isto é o que indica o Sergas

Sanidade pon a disposición das persoas menores de 60 anos que recibiron a primeira dose da Vaxzevria a información para completar a pauta

O IDIS de Santiago captou 31 millóns para investigación no 2020

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, no que colaboran Sergas e USC, tiña 1.347 científicos no 2020, vencellados a 95 grupos diferentes

Galicia bate tres veces seguidas o récord de vacinas e suma máis de 270.000 nunha semana

Entre o xoves 29 e o xoves 6 administráronse doses ao 10% da poboación galega, acadando o xx de cobertura cunha dose a maiores de 60 anos

Cal é a tendencia da Covid-19 no teu concello? Compróbao aquí

O aumento da incidencia a 7 ou 14 días pode anticipar, en ocasión, o establecemento de maiores restricións nos municipios

Galicia supera o seu récord de vacinación: máis de 43.000 doses nun só día

Case o 32% da poboación ten unha dose, e o 15% recibiu a pauta completa; esta porcentaxe sobe ao 37% nos maiores de 60 anos

Os datos do Sergas revelan que as vacinas da Covid-19 evitan a morte case no 100% dos casos

As análises preliminares expoñen, alén dunha redución de case o 90% da positividade, unha gran protección das vacinas contra o agravamento da infección

Este é o cronómetro da vacinación en Galicia: así avanza a campaña

O Sergas difunde as cifras diarias da vacinación en cada grupo de idade e nos colectivos prioritarios, no día que se supera o millón de doses inxectadas