investigación

O redactor de GCiencia Manuel Rey prepara un libro sobre a Ataxia da Costa da Morte

"El mal sin cura de la Costa da Morte. SCA36", que se publicará a comezos de 2019, xa se pode reservar na páxina web da editorial Libros.com

Atopan un novo marcador para detectar o risco de padecer un mal dexenerativo da córnea

Científicos galegos avanzan en posibles vías para tratar o queratocono, que afecta a unhas 15.000 persoas en Galicia e actualmente non ten tratamento

O plan do Pentágono para transmitir virus con insectos alarma aos científicos

O goberno estadounidense financia varios proxectos que usan insectos para transmitir virus a plantas e modificalas xenéticamente

O Planeta X, un astro descoñecido que divide aos astrónomos

O achado do planeta 2015 TG387, tamén coñecido como O Trasgo, fomenta o debate na comunidade científica polas súas peculiares características

A USC aproba un código de boas prácticas en investigación

A nova norma supón un "conxunto de principios fundamentais de integridade" no traballo científico da institución

“Ou científica ou nai”: a loita pola igualdade continúa

A investigadora María de la Fuente presentou 300.000 sinaturas para reclamar que non se penalice a maternidade

A Asociación Contra o Cancro financia dous proxectos do IDIS

O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) estudará con estes fondos sobre biopsia líquida e o uso de nanomedicamentos contra a metástase

O Oceanográfico de Vigo celebra a Noite europea dos investigadores

A Casa Galega da Cultura acollerá este venres 28, de 17 a 23 horas, obradoiros e mesas redondas na cidade viguesa

Drogan a polbos con éxtase e demostran que se fan máis sociables

Científicos estadounidenses demostran que os cefalópodos tócanse máis e pasan máis tempo xuntos baixo os efectos do MDMA

Coca-Cola pagou oito millóns en España por investigacións que mellorasen a súa imaxe

Dous científicos españois sinalan nun estudo que a multinacional pagou a institucións médicas por estudos que favorecían os seus intereses comerciais

O CSIC inicia en Galicia sete proxectos de excelencia

A Misión Biolóxica de Galicia, o Instituto Padre Sarmiento, o IIM e o Incipit desenvolverán nos vindeiros anos iniciativas financiadas con preto de 700.000 euros

Como é o reloxo biolóxico dos peixes cegos?

A bióloga da UVigo Rosa Ceinos publica en 'Scientific Reports' un estudo sobre os ritmos circadianos da especie 'Phreatichthys andruzzii'

O Cinbio acolle en Vigo a 200 especialistas en biomedicina

O congreso anual da disciplina aborda as novidades nas terapias terapias contra o cancro, enfermidades neurolóxicas ou neurodexenerativas

Jacqueline C. Campbell, experta en estudos de xénero, doutora honoris causa pola UVigo

O Campus de Ourense acolleu por primeira vez a celebración desta cerimonia honorífica, coa que se recoñece as achegas de Campbell ao feminismo

A USC reúne a expertos de álxebra computacional de 28 países

A Facultade de Matemáticas acolle a 24ª edición dunha conferencia internacional que aborda as múltiples aplicacións desta materia

Científicas galegas estudan como escapan as especies pesqueiras do quecemento global

As investigacións do grupo Future Oceans Lab da UVigo explican como moitos peixes buscan augas máis frías ante o impacto do cambio climático