Atopan un novo marcador para detectar o risco de padecer un mal dexenerativo da córnea

Estímase que uns 15.000 galegos padecen o queratocono, unha enfermidade progresiva da parte anterior dos ollos, a córnea, que pode producir unha gran discapacidade visual. A doenza afecta a adultos novos, e ten un grande impacto socio-sanitario. Na actualidade non ten tratamento médico e nos casos avanzados é necesario recorrer ao transplante corneal.

Aínda que a ciencia traballa para coñecer a súa orixe, non está claro que é o que causa a enfermidade e condiciona a súa progresión. Porén, en varios estudos demostrouse a participación da inflamación. Neste senso, no marco dunha colaboración entre o Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo) e o Instituto de Investigación sanitaria de Santiago (Idis), a revista Ocular Immunology and Inflammation, de gran impacto dentro da especialidade, acaba de publicar un artigo no que se determina un novo biomarcador para detectar o risco de aparición e progresión do queratocono.

Publicidade

Os científicos atoparon relación entre a expresión de dúas moléculas receptoras e o risco de ter a doenza

O obxectivo principal desta investigación, liderada por Isabel Lema (Ingo) e Tomás Sobrino (Idis) foi demostrar que a inmunidade innata está implicada no inicio e progresión do queratocono. Para iso estudouse, en córnea e conxuntiva de pacientes coa enfermidade manifesta nun só ollo a expresión de dúas moléculas receptoras. Así, os resultados demostraron que estas moléculas están sobreexpresadas nos ollos con queratocono, especialmente naqueles que progresan, pero tamén nos ollos sen queratocono manifesto con respecto aos ollos sans. Isto convérteas nuns excelentes biomarcadores que permiten detectar o risco de aparición e de progresión do queratocono, cunha gran sensibilidade e especificidade.

A importancia práctica deste estudo propiciou xa a licenza destes resultados á empresa Córnea Proyect de Barcelona, que na actualidade está a desenvolver o prototipo e a fase comercial para levar este coñecemento á práctica clínica. Os resultados tamén abren a posibilidade á consecución dun tratamento médico para esta enfermidade que evite o seu desenvolvemento e progresión.

Publicidade

Esta colaboración permitiu, unha vez máis, poñer en valor a investigación traslacional e a importancia do intercambio de coñecemento entre os investigadores básicos e clínicos, para que os resultados cheguen canto antes aos pacientes.

1 comentario

  1. Excelente noticia,pertenezco a una familia política con el gran problema corneal , problema que es heriditario hay varios miembros de la familia con esta enfermedad y como bien dicen sin cura ,porque los transplantes no son del todo fiables, ojalá se encontre esa cura difinitiva un saludo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

Investigadores galegos redefinen as pautas de extubación despois dunha operación por ictus

O estudo, coordinado polo IDIS e o CHUS, mostra que, contrario ao que se pensaba, adiantar o espertar do paciente non mellora a recuperación funcional

A contaminación atmosférica podería estar detrás do aumento das crises de xaqueca

Un estudo internacional sinala que o número de visitas ao hospital de persoas con síntomas aumenta durante os días nos que hai maiores niveis de polución