A Asociación Contra o Cancro financia dous proxectos do IDIS

Co gallo do Día Mundial da Investigación da enfermedade, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) celebrou en Madrid o acto de entrega das axudas á investigación científica para combatir a doenza. Na cerimonia estiveron presentes representantes do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela (IDIS).

As axudas de investigación de AECC financiaron dous proxectos innovadores de Oncomet

A liña de axudas de AECC ofrece apoio económico a propostas innovadoras e orixinais no senso da investigación. Neste senso, Oncomet recibiu axuda para dous ‘Proyectos Semilla‘. Un deles aborda o desenvolvemento de novas estratexias no estudo da Biopsia Líquida, para o que o grupo recadou máis de 500.000 euros no pasado ano, e que permite comprobar o papel dos glóbulos vermellos na formación e evolución do cancro de mama.

Publicidade

Por outra banda, o IDIS tamén recibiu financiamento para un proxecto da unidade de Nanooncoloxía, para o desenvolvemento de nanomedicamentos capaces de alcanzar células tumorais espalladas, e que eliminen estas células antes de que produzan metástases no cancro de pulmón.

Aproveitando a celebración de onte, a AECC fixo un chamamento para mobilizar á sociedade e instar ao Estado español a que implante unha estratexia nacional de investigación sobre o cancro. A entidade pide que “polo menos se duplique” o investimento realizado nos últimos anos, e que se promova o desenvolvemento e a retención do talento investigador, coordinando as políticas científicas no beneficio dos pacientes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto