Venres 26 Abril 2024

Eduardo Rolland

Varela Santos, precursor das lentes de contacto

O oftalmólogo compostelán, amigo de Castelao, foi un pioneiro da óptica, grande investigador e viaxeiro polos mellores laboratorios de Europa

O estraño caso da mosca do cloroformo

O químico Generoso Álvarez e o zoólogo Luís Iglesias estudaron durante 40 anos un díptero que apareceu nun laboratorio

Os galegos que descubriron as illas do rei Salomón

O capitán pontevedrés Pedro Sarmiento de Gamboa, o piloto Hernando Gallego e o escribán Fernández de Catoira atoparon o arquipélago en 1568

López de Guadalupe, un médico galego de reis e papas no século XV

Nado en Castro Caldelas en 1475, chegou a ser galeno persoal de Isabel A Católica e do emperador Carlos V

Iglesias Brage, o aviador ferrolán que quixo explorar a Amazonia

Aterrou en Basora (Iraq), bateu o récord mundial de voo sobre o mar e deseñou os aeroportos de Lavacolla, Peinador e Alvedro

Vigoscopio, o invento do doutor Beiras para curar o estrabismo

O insigne oftalmólogo publicou o primeiro artigo científico en galego tras a Guerra Civil, sobre a máquina da súa creación

Pita da Veiga, o galego que prendeu ao rei de Francia

O cabaleiro ferrolán ao servizo do emperador Carlos V está considerado un dos heroes da batalla de Pavía por ter apresado a Francisco I

1847: un pene amputado inaugura a era da anestesia en Galicia

O catedrático Vicente Guarnerio practicou a mediados do XIX a primeira cirurxía con cloroformo, da que foi pioneira a Universidade de Santiago

O discurso galego de 243 páxinas que cativou a Mendeleiev

En 1893, na apertura do curso académico, o catedrático de Química Eugenio Pinerúa bateu todos os records de locuacidade

O mapa que cartografa en 1610 a ‘traslatio’ do Apóstolo a Galicia

O celanovés Mauro Castellá publicou unha historia xacobea que trazou un asombroso plano alegórico de Compostela

Bibiano Fernández: científico, galeguista e alto directivo da ONU

O biólogo pontevedrés foi alcalde e deputado, exiliado en México tras a Guerra Civil e destacou como alto funcionario na FAO

Tomás Mariño, precursor da navegación aérea dende Viveiro

Perito e profesor, publicou un tratado técnico con solucións para os dirixibles que se adiantaría á era dos Zeppelin

“Braña” (1977), a primeira revista científica en galego

A finais dos anos 70 aparecía esta publicación impulsada por Francisco Díaz Fierros e a Sociedade Galega de Historia Natural

Carmela Porteiro: “Cando falaba eu tiña a sensación de que se vía como algo anecdótico”

A científica galega, pioneira na investigación mariña, foi homenaxeada nunha xornada celebrada no Consello da Cultura Galega

Comeza en Santiago o curso de turismo científico impulsado por Observer

A Facultade de Óptica acolle ata o mércores ponencias de expertos en ciencia, divulgación e turismo para destacar o valor deste sector

A USC inclúe un curso de turismo científico na súa oferta de verán

Celebrarase os días 17, 18 e 19 de xuño, conta co apoio de Observer e a Deputación da Coruña e está dirixido polo profesor Salva Bará