A Facultade de Óptica de Santiago de Compostela acollerá os días 17, 18 e 19 de xuño o curso de “Turismo científico: novos enfoques turísticos en cidades e espazos naturais”, co que se pretende achegar aos participantes a puxanza do sector. A actividade está cofinanciada por Observer e a Deputación da Coruña. Dirixirá o curso Salva Bará, físico e profesor da USC, e Maite Vence, directora de Observer, será a secretaria do mesmo.
A matrícula estará aberta entre o 15 de maio e o 7 de xuño, e o prezo xeral será de 70 euros, aínda que haberá unha taxa reducida para o curso de 40 euros para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.
Pode consultarse máis información sobre a matrícula e outros detalles na páxina da Universidade de Verán da USC.
PROGRAMA
17 de xuño
– 10:00-10:30: Inauguración da Xornada.
– 10:30-11:00: Turismo Científico: Novo enfoque para as cidades e Espazos Naturais Protexidos. Maite Vence, de Observer.
– 11:00-11:30: A xestión do Turismo Científico no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Xosé Antonio Fernández Bouzas, Director-conservador do Parque nacional Illas Atlánticas de Galicia.
– 11:30-12:00: Turismo Astronómico en Galicia e contaminación lumínica. Salvador Bará, profesor titular de Física Aplicada, USC
12:00-12:30: Pausa-café
– 12:30-14:00: A xeoloxía de Galicia como recurso turístico: Juan Ramón Vidal Romaní, Director Instituto de Xeoloxía, Universidade de A Coruña.
– 16:00-17:00: Turismo ornitolóxico e bioturismo, situación e posibilidades. Xabier Vázquez Pumariño, biólogo e consultor medioambiental.
– 17:00-18:00: Espeleoloxía, o deporte-ciencia. Marcos Vaqueiro, espeleólogo, presidente do Clube Cetra e auditor de Observer.
– 18.00-20.30: Desenvolvemento dun modelo de Turismo científico na Patagonia arxentina. Federico Abbondio, Investigador en Turismo Científico, CONICET. Arxentina.
18 de xuño
– 10:00-11:00: A Casa das Ciencias, un museo implicado na loita contra a contaminación lumínica. Marcos Pérez Maldonado, Director Museos Científicos da Coruña.
– 11:00-11:30: Museo Historial Natural da Universidade de Santiago. Marta Vázquez Rodríguez, Responsable de Comunicación do Museo de Historia Natural da USC.
– 11:30-12:00: O turismo científico dende a investigación: Miguel Pazos Otón, Profesor titula de Xeografía do Turismo, USC
12:00-12:30: Pausa-café.
– 12:30-14:00: Turismo Científico dende os medios de comunicación: Con Eduardo Rolland, xornalista e fundador do portal GCiencia, Andrea Obaid, xornalista científica e presentadora de Tecnociencia, programa de Turismo Científico da TV chilena.
– 16:00-20:30: Visitas a Museos Científicos.
19 de xuño
– 10.00-11.30: A fotografía científica, unha ferramenta para a divulgación. Fernando Rey, fotografo e divulgador científico.
– 11:30-12:30: O ultimo solpor da Costa da Morte como recurso de Turismo Científico. Jorge Mira, Catedrático de Electromagnetismo da USC.
– 12:30-13:30: Cine científico e mesa redonda. Óscar Sánchez (Martin Pawley), Divulgador científico e crítico de cine.
– 13:30-14:00: Sesión de Clausura.