Multa de 2.000 millóns a Monsanto debido ao glifosato

Un xurado popular acorda que se debe indemnizar a un matrimonio polo suposto vínculo entre o herbicida e o linfoma non-Hodgkin

O glifosato, comercializado por empresas como Monsanto, utilízase como herbicida en vías públicas, terreos privados e cultivos agrícolas.
O glifosato, comercializado por empresas como Monsanto, utilízase como herbicida en vías públicas, terreos privados e cultivos agrícolas.

Un xurado popular de Oakland (California, Estados Unidos), acordou esta semana que a multinacional Monsanto, propiedade de Bayer, deberá pagar 2.000 millóns de dólares a unha parella de avanzada idade ao considerar que o herbicida da marca Roundup, baseado no coñecido composto glifosato, lles causou un linfoma non-Hodgkin.

A decisión supón a terceira neste sentido contra a empresa nos últimos tempos nos Estados Unidos. Neste caso, o xurado considerou que o glifosato foi un “factor substancial” nos problemas de saúde do matrimonio de Alva e Alberta Pilliod. Por tanto, ordenouse a Monsanto a abonar 1.000 millóns de dólares a cada un, alén de 55 millóns polos gastos médicos e demais danos.

Segundo recolle o portal BuzzFeed, un portavoz de Bayer cualificou a sanción de “excesiva e inxustificable”, polo que contemplan recorrer o fallo. “Bayer está decepcionada coa decisión do xurado e apelará o veredito deste caso”, engadiu. Ademais, en relación ao matrimonio, o portavoz da matriz de Monsanto sinalou: “Temos unha gran estima polos Pilliod, pero a evidencia deste caso é clara, porque ambos teñen un historial médico coñecido por factores de risco asociados ao linfoma non-Hodgkin”.

Monsanto, glifosato e cancro

O glifosato, comercializado con marcas como Roundup, é o herbicida máis usado nos Estados Unidos e noutras partes do planeta. Adoita en vías públicas e terreos privados para o control da maleza. En menos dun ano, a empresa Monsanto, fabricante deste produto, recibiu outras dúas condenas millonarias en contra por supostos danos en Estados Unidos.

Desde marzo de 2015, o glifosato foi incluído no grupo de substancias 2A (cualificadas como probablemente carcinóxenas) da Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC, dependente da Organización Mundial da Saúde), unha categoría usada cando existen probas que non permiten descartar totalmente o risco, pero que tampouco son concluíntes.

Esta clasificación, unida a algunhas mensaxes alarmistas, por unha parte, e presións industriais, pola outra, xerou un importante debate no seo da Unión Europea, na que existen distintas posturas entre países. Así, en 2017 Francia prohibiu o seu uso, mentres que outros países, como España, manifestaron as súas reservas ante a decisión.

Para ler máis:

 ¿Es cancerígeno el glifosato? (Publicado en Investigación y Ciencia o 1 de marzo de 2018).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.