Cinbio

Unha tese da UVigo caracteriza as mutacións causantes da hipertensión arterial pulmonar

O diagnóstico é lento e, a día de hoxe, a curación pasa polo dobre transplante de pulmóns-corazón

A batalla inmunitaria: así é o proxecto galego que planta cara ao cancro de páncreas

O Cinbio da Universidade de Vigo ofrece un fío de esperanza aos pacientes dun dos cancros con peor prognóstico

Como, onde e cando se produce a metástase do cancro colorrectal

Un estudo reconstrúe a historia do tumor dun paciente diagnosticado de cancro de colon con metástase no fígado

“O glifosato afecta o sistema nervioso de humanos, roedores, peixes e invertebrados”

Tres investigadores da Uvigo acreditan a neurotoxicidade do herbicida máis usado no mundo nunha revisión sistémica dos estudos da última década

Ferramentas galegas de acceso libre para a xestión da Big Data

O grupo de estatística do CINBIO desenvolve unha liña de investigación sobre os problemas dos datos de alta dimensión

As lentes de contacto que descifran as nosas bágoas

Investigadores do CINBIO desenvolven un proxecto de nanotecnoloxía que mellora a detección de biomarcadores de doenzas nas secrecións lacrimais

Gardiáns da seguridade alimentaria: así funcionan os sensores de FoodSens

Investigadores de Galicia e Portugal deseñan unha tecnoloxía para detectar contaminantes nos alimentos

Intelixencia artificial contra o cancro de colon: PolyDeep ponse a proba en hospitais galegos

O proxecto entra nunha nova fase, con ensaios clínicos en Ourense, Vigo e Pontevedra para a diagnose de tumores colorrectais en tempo real

Científicos de Vigo deseñan un sensor para detectar precozmente o alzhéimer

O sistema, que funcionaría de xeito semellante a un test de antíxenos, sería unha alternativa aos métodos actuais de diagnóstico, máis custosos e invasivos

Obradoiros e charlas para conmemorar o Día da Muller e da Nena na Ciencia

A 6ª edición do programa Elas fan Cientec, destinado a rapazas de secundaria, completa a programación respecto ao 11 de febreiro na Universidade de Vigo

Pode o microbioma intestinal predicir o cancro colorrectal? Un estudo da UVigo quere sabelo

A Asociación Española Contra o cancro financia con 274.000 euros o proxecto do laboratorio de Filoxenómica que lidera David Posada no CINBIO

Universidade de Vigo, ciencia e innovación de referencia internacional

A institución conta con centros de investigación de vangarda únicos en Galicia

Divulgando Ciencia Singular: unha oportunidade para coñecer o potencial da UVigo

As xornadas de portas abertas celebradas na fin de semana conseguen mergullar a 150 persoas na investigación mariña do CIM

Os laboratorios do campus de Vigo ábrense á cidadanía nas vindeiras semanas

O Programa Divulgando Ciencia Singular impulsa actividades de divulgación con acceso de balde en diversos centros da universidade

Un concurso de fotografía científica promociona a investigación en Cinbio

As imaxes serán realizadas polo persoal do centro no seu día a día e conformarán un calendario

Un novo método para identificar, cuantificar e confirmar ciguatoxinas en peixes

O científico da UVigo Pablo Estévez desenvolve ao abeiro do proxecto Eurocigua un traballo que mellora a detección desta intoxicación alimentaria