Venres 29 Marzo 2024

A volta ao cole con ómicron arrastra un 18% de ausencias nas aulas

A Consellería de Educación cifra o número de baixas en 13.000 persoas no sector educativo e augura que incremento nos próximos días

A rapazada volve ás aulas en Galicia cunha situación epidemiolóxica descontrolada. Fano namentres se acadan picos de contaxios endexamais vistos. O pasado martes, o Goberno estatal acordou unha serie de medidas para garantir a máxima seguridade dos cativos e das súas familias e, así, non ter que retrasar o comezo das clases. Hoxe, a Consellería de Educación dá parte dunha baixa aproximada de 13.000 persoas do colectivo estudantil, dos cales 800 son profesores, ademais de matizar as medidas adoptadas.

Os políticos tiñan perante si todo un reto no que respecta á volta ás aulas, xa que nos encontramos nunha situación cada vez máis preocupante. A variante ómicron segue a aumentar a cifra de contaxios de xeito desproporcionado, ao tempo que presenta un menor risco de desenvolver cadros clínicos graves. Así e todo, houbo consenso en corentenar ás clases de infantil e primaria e que, de agora en adiante, presenten máis de catro contaxios. A continuación, Saúde Pública avaliará o peche de dita aula ou as corentenas pertinentes.

Publicidade

A corentena dos cativos: tamén de 10 a 7 días

Os cativos de menos de 12 anos que tivesen contacto con positivo deben facer corentena, agás os vacinados: “Os alumnos que son contacto estreito dun positivo, que estean vacinados non se corentenan”, explica Germán Rodríguez, o Conselleiro de Educación. Os nosos gobernantes acordaron reducir este período temporal a 7 días: os estudos científicos apuntan a que o tempo de incubación desta variante é relativamente menor ao das pasadas como a delta. Algúns pais, á espera da vacina, optan por non levar aos seus fillos ao colexio, segundo di Delfina Bañobre, a directora do CEIP Apóstolo Santiago en Compostela.

Mais o realmente importante é a alta infecciosidade que presenta ómicron, unha cuestión que, mesturada cos datos epidemiolóxicos actuais da nosa comunidade e as irremediables reunións nas aulas pode conducir a unha garantía de contaxio. Aínda cunha ventilación e unha distancia adecuadas entre os estudantes, é difícil augurar un bo prognóstico: as posibilidades de non contaxiarse nun contexto no que a carga viral é significativa nos asintomáticos son cada vez máis reducidas.

O ómicron nas aulas: un 18% de ausencia

Nas aulas educativas percíbese certa intranquilidade con respecto do que está a suceder nestes momentos en todo o país. A profesora Delfina Bañobre dá parte dun cambio de conduta das crianzas con respecto do pasado ano: “Antes había máis medo, notábase na distancia de seguridade entre os cativos”, alerta. Pese a todo, indica que a ventilación cruzada segue a ser un factor clave e que, malia estar preparados para as baixas por enfermidade, aínda non lidaron con ningunha.

Os sectores produtivos do noso país están a adoecer numerosas baixas, o terreo educativo tampouco se salva. Se a isto lle sumamos o evidente colapso das liñas telefónicas para notificar os positivos e solicitar as ditas baixas laborais, a situación non é tan esperanzadora. O conselleiro Germán Rodríguez cifra en 800 as baixas de profesores actuais. Apunta a que voltamos das vacacións cun número de casos catro veces maior, aproximadamente 13.000 casos entre estudantes e profesores, o 18% da poboación estudantil en Galicia.

Poden os nenos contaxiar aos adultos?

Con todo, retomar as aulas neste escenario dáse nunha contorna ben distinta. As clases alzáronse xa como un espazo seguro, circunstancia que amosaron os datos de contaxios anteriores. Porén, novamente, algúns expertos poñen o foco na vacina. Este martes arrancará a vacinación das persoas cunha idade comprendida entre 7 e 9 anos. E estímase que, a finais desta semana, o 90% dos nenos de entre 5 e 9 anos xa conte coa súa primeira dose.

O profesor Juan Gestal explica que, a diferencia do que aconteceu nos inicios da pandemia, hoxe estanse a tomar decisións ben diferentes ao redor da educación. Segundo afirma, as decisións iniciais baseábanse no virus da gripe: “O problema da transmisión do coronavirus non está nas escolas, que demostraron unha xestión eficaz. Os contaxios danse en maior frecuencia de adultos a nenos e non ao revés”, matiza o investigador. Baixo o seu punto de vista, as clases presenciais constitúen unha boa decisión que minora os riscos do illamento social dos cativos, amais de facilitar a conciliación familiar e laboral dos pais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Desenvolto un anticorpo que bloquea todas as variantes de SARS-CoV-2 no laboratorio

O equipo realizou a investigación a partir de mostras de sangue dun paciente infectado durante a primeira onda da pandemia

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais