Xoves 18 Abril 2024

A vacina (con participación galega) fronte ao virus sincitial ten resultados prometedores

No ensaio da candidata, dirixida a maiores de 60 anos, participaron centros e investigadores galegos, como o pediatra Federico Martinón-Torres

Os resultados iniciais son positivos e promedores. Así o confirma a farmacéutica GSK, a compañía que está detrás da vacina candidada fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS) para maiores de 60 anos. Segundo trasladan dende a empresa, trátase da primeira que mostra eficacia clínica e estatisticamente significativa neste sector da poboación. No estudo participaron 16 hospitais e centros españois de Galicia, Cataluña, Comunidade Valenciana e Madrid. Entre eles, o pediatra galego Federico Martinón-Torres.

No ensaio de fase III, cuxos resultados se presentarán nunha publicación revisada por pares nun congreso científico, participaron 25.000 persoas de 17 países. De entre todos eles, 1.087 persoas de 16 centros hospitalarios e de investigación eran españois. Segundo confirman dende GSK, os resultados dun estudo paralelo —que analiza a seguridade da vacina, entre outros aspectos— mostraron que “unha dose da vacina induciu fortes respostas inmunes de tipo humoral e celular, que permanecen por encima dos niveis previos á vacinación ata polo menos seis meses despois”.

Publicidade

Ademais, a vacina contén un antíxeno e un adxuvante que “podern axudar a superar o descenso natural da inmunidade relacionada coa idade, contribuíndo ao reto de protexer os maiores da enfermidade por VRS”. De feito, o presidente de I+D de GSK, Hal Barron, afirma: “O VRS segue a ser unha das poucas enfermidades infecciosas importantes sen vacina, e estes datos teñen o potencial de impactar significativamente na prevención”. El estima que se poderían reducir cada ano as 360.000 hospitalizacións e máis de 24.000 mortes relacionadas co virus. Tamén confirma que tratarán de iniciar as solicitudes regulatorias na segunda metade de 2022.

Que é o virus sincitial?

O VRS é un virus contaxioso común que afecta os pulmóns e as vías respiratorias. É unha das principais enfermidades infecciosas para a que actualmente non existe ningunha vacina nin tratamento específico. Os adultos maiores teñen un alto risco de enfermidade grave debido á diminución da inmunidade asociada á idade e as afeccións médicas subxacentes. O VRS pode exacerbar patoloxías, como a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), asma e a insuficiencia cardíaca crónica, e pode provocar complicacións graves, como a neumonía, hospitalización e morte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

A misteriosa pneumonía infantil de China: “Sospeitamos dos patóxenos habituais”

O pediatra Federico Martinón cre que a repunta de enfermidades respiratorias en nenos se pode deber á fin das restricións covid

Un estudo galego revela que as persoas con demencia teñen máis sensibilidade á música

O proxecto Sensoxenona evidencia que a música “afina” a expresión dos xenes alterados en pacientes con enfermidades neurodexenerativas

Unha vacina de ARNm mostra resultados prometedores contra o cancro de páncreas

Unha ensaio clínico en fase 1 administrou a terapia a 16 persoas xunto con cirurxía, quimioterapia e outro tipo de inmunoterapia