Unha nova vacina da esperanza contra o Lyme, a doenza que crece en Galicia polas carrachas

Valneva e Pfizer traballan nun ensaio clínico en fase 3 para previr a enfermidade, en expansión en territorio galego polos efectos do cambio climático

carracha
A carracha é a principal causante da enfermidade de Lyme | Pexels

A enfermidade de Lyme é unha doenza bacteriana orixinada polas picaduras de carrachas que, ao estar infectadas, transmiten a doenza ao ser vivo no que se hospeden. Maniféstase a través dunha erupción na pel que se asemella a unha diana arredor da área da mordedura.

Os casos en Galicia están aumentando, segundo confirma o decano da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Gonzalo Fernández Rodríguez, apoiándose nun estudo realizado na área de Lugo que constata o crecemento.

O factor principal é o incremento da poboación de carrachas que, a causa do cambio climático, as altas temperaturas aceleran o ciclo da súa vida e ata propician que resistan mellor aos inviernos. Así mesmo, tamén inflúen os cambios na actividade humana. Antigamente, as persoas máis expostas eran as que traballaban no rural, mais agora a este colectivo haille que sumar o dos sendeiristas e deportistas que frecuentan as zonas de monte.

Ensaio de seguridade

Fronte o crecemento sostido da enfermidade nos ultimos anos, abrése unha xanela de esperanza despois de que Valneva, un fabricante francés de vacinas, e Pfizer informaran acerca do seguimento dun ensaio de seguridade de fase 2 na que unha das súas vacinas para o Lyme produciu unha inmunidade duradeira.

O ensaio de fase 2 completouse en abril e, seis meses despois, as empresas verificaron “os niveis de anticorpos de nenos e adultos que recibiron dúas ou tres inxeccións da vacina”.

As compañías sinalaron que os niveis de anticorpos eran máis altos no grupo de tres inxeccións que no grupo de dúas. Porén, os niveis de anticorpos diminuíron co tempo, pero amosaron certo nivel de protección duradeira contra a enfermidade de Lyme.

Así mesmo, as corporacións non informaron de ningún efecto secundario grave ou problemas de seguridade e, actualmente, atópanse no medio dos ensaios clínicos de fase 3.

Se os resultados da última fase son positivos, a aprobación da vacina podería chegar en 2025

Deste xeito, se os resultados do estudo desta última fase son positivos, as compañías pretenden obter a aprobación da FDA (Administración de Alimentos e Medicamentos) para a vacina en 2025.

Hai 20 anos retirouse do mercado unha vacina contra esta enfermidade, a Lymerix, aprobada pola Administración de Drogas e Alimentos de los EE.UU. e levada a cabo pola farmacéutica GSK (por aquel momento coñecida como SmithKline Beecham).

Non obstante, os Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades non a recomendaban xa que se consideraba que “a doenza podía tratarse facilmente nas primeiras etapas”. Así mesmo, os pacientes amosábanse remisos a tomala debido ao esquema de dosificación e, no caso da poboación dos nenos, nin tan sequera fora aprobada.

A este respecto, sumouse a aparición de efectos secundarios graves como a artrite e, trala presentación dunha demanda colectiva entre os pacientes afectados, retirouse do mercado no ano

Os síntomas do Lyme

Os síntomas do Lyme afectan a diversos órganos e, segundo un estudo con pacientes do HULA, o máis habitual é presentar un só tipo de manifestación clínica. Non obstante, aínda que é menos probable, poden combinarse en dúas, tres ou catro sintomatoloxías. Nestes pacientes tamén foron máis comúns os síntomas neurolóxicos e dermatolóxicos, pero tamén se atoparon outros de tipo articular ou cardíaco.

Con todo, o síntoma máis común é o eritema migrans, unha mancha que se move e se amplía dende o punto da picadura. Sen embargo, non sempre é así. “En Galicia tamén teñen certa frecuencia os síntomas neurolóxicos, porque o Lyme está provocado por unha bacteria denominada borrelia e hai varios subtipos. Dependendo da borrelia que domine nunha zona, aparece máis un cadro ou outro. Eu non son médico, pero o máis frecuente dentro deste cadro son pequenas parálises”, explicaba recentemente en GCiencia Gonzalo Fernández Rodríguez, decano da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O estudo destaca que o máis habitual é detectar a infección nunha fase media, cando predominan as afeccións neurolóxicas. Tan só o 26,85% dos pacientes foron diagnosticados cando se atopaban na fase I, principalmente debido á sintomatoloxía de tipo cutánea, e o 11,11% na fase III, cando a manifestación adoita ser reumatolóxica. O 62,03% restante foi diagnosticado en fase II.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.