Martes 19 Marzo 2024

A UE escolle un laboratorio da USC como referencia no descubrimento de fármacos

A USC, a través da plataforma de cribado de fármacos Innopharma, forma parte da rede europea EU-OPENSCREEN recentemente recoñecida pola Comisión Europea coa condición de ERIC (European Research Infraestrutures Consortium). España é membro fundador deste consorcio de infraestruturas de investigación europeas sobre bioloxía química coordinado por Alemaña. EU-OPENSCREEN-ERIC intégrano 24 institucións europeas de Finlandia, Letonia, Noruega, Polonia, República Checa, España e Alemaña e pon a disposición das institucións académicas, científicas, pemes e organizacións industriais implicadas ata 140.000 compostos comerciais que permiten liderar o descubrimento temperán de fármacos en todo o mundo.

Para a súa integración nesta rede de excelencia, a plataforma de cribado da USC contou co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), nunha aposta polos novos modelos de innovación e de traballo en rede, e do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (MINECO). A implicación da USC nesta rede internacional significa, a xuízo da directora científica de Innopharma, Mabel Loza “cumprir os máis altos estándares de calidade tanto no que respecta á nosa capacidade técnica como ao valor engadido que achega a aplicación do noso coñecemento”.

Publicidade

Esta rede sitúa a USC no nivel de “cumprir os máis altos estándares de calidade”, sinala Mabel Loza

A plataforma de cribado de fármacos e farmacoxenética da USC (Innopharma) é froito da experiencia de máis de quince anos de programas continuados, nos que se realizou a proba de centos de miles de compostos, de decenas de dianas e a posta a punto, automatización e implantación de centos de ensaios en cascadas completas de descubrimento de fármacos.

Esta plataforma de cribado inicialmente constituída por parte do grupo de investigación BioFarma da USC, coordinado pola profesora Mabel Loza, ampliou o seu traballo á xenómica coa incorporación do grupo de Medicina Xenómica, coordinado polo profesor Ángel Carracedo, no proxecto Innopharma (2012-2015) con financiación do Fondo Rexional Europeo a través do MINECO.

Actualmente esta plataforma consta dunha infraestrutura de alto rendemento para o cribado de fármacos e dunha colección de 60.000 moléculas para o desenvolvemento de proxectos neste ámbito. As súas capacidades propiciaron que se teñan firmado acordos con 25 centros de investigación, con 42 empresas, ademais doutros cinco acordos con compañías farmacéuticas sobre novos modelos de colaboración.

EU-Openscreen-Eric concentra ás infraestruturas de excelencia no cribado de fármacos

EU-OPENSCREEN-ERIC integra as plataformas de cribado de alta capacidade europeas, que utilizan conxuntamente unha colección que comprende ata 140.000 compostos comerciais e patentados, que foron recollidos por diferentes grupos químicos europeos. Está integrada por sete países europeos (República Checa, Finlandia, Alemaña, Letonia, Noruega, Polonia y España) e unha organización internacional (EMBL).

A oficina central EU-OPENSCREEN-ERIC atópase no Leibniz-Institut für Molekulare Pharmakologie (FMP) en Berlín e comezou a operar como un ERIC (Consorcio de Infraestructura de Investigación Europea) en 2018. A plataforma galega pertence ás sete infraestruturas de investigación de altas capacidades desta rede de cribado de fármacos. Estas infraestruturas preséntanse dende a UE como eixos de excelencia científica para toda Europa, xerando novas ideas e ampliando as fronteiras de ciencia e tecnoloxía, así como importantes pilares de investigación e innovación en Europa para a próxima década.

EU-OPENSCREEN-ERIC a está cooperando con 13 das novas infraestruturas de investigación de Ciencias Biomédicas (BMS) no proxecto de clúster europeo CORBEL para crear conxuntamente un acceso harmonizado ás súas tecnoloxías, mostras biolóxicas e servizos auxiliares. Esta rede europea forma parte tamén do programa de clúster europeo EMBRIC e, máis alá de Europa, colabora con consorcios similares en Estados Unidos e Australia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ángel Carracedo: “O Proxecto Xenoma Galicia é o máis ambicioso do mundo”

A iniciativa recompilará o ADN de 400.000 galegos para identificar variantes xenéticas de alto risco e para anticiparse ás enfermidades

Ángel Carracedo: “Divulgar na miña terra? Teño claro que en galego”

O xenetista fai un repaso da súa traxectoria como líder dun laboratorio que é referencia internacional en Ciencias Legais en Forenses

Demostrada a eficacia dun novo fármaco contra o cancro de colon

Os investigadores desenvolveron un medicamento dirixido contra a proteína CD98hc, unha nova diana terapéutica presente na superficie das células tumorais

A galega Innopharma aumenta a súa capacidade para o desenvolvemento de fármacos

A Xunta de Galicia dota con cinco millóns de euros a esta plataforma nos últimos tres anos a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional