Patentan en Lugo un antiinflamatorio obtido dunha esponxa do Índico

O grupo de investigación da USC GI-1682 Farmatox, coordinado polo catedrático do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Luis M. Botana e con sede na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, promove xunto con Daniel Romo, profesor de Química da Universidade de Baylor (Texas) e codirector de CPIRT Synthesis e do laboratorio Drug-Lead Discovery, a solicitude de patente internacional dunha familia de compostos que presentan utilidades farmacolóxicas e terapéuticas e que xa teñen espertado o interese dalgunhas compañías multinacionais.

Este novo avance ou descubrimento científico, cuxo rexistro de patente xa está iniciado en Estados Unidos, é o resultado dun dilatado e laborioso traballo de investigación que se iniciou nos proxectos europeos, xa rematados, Pharmatlantic e Pharmasea, liderados por Luis M. Botana, e en un vixente liderado na USC pola profesora do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na Facultade de Veterinaria de Lugo, Amparo Alfonso, e no que, ademais dos investigadores do grupo Farmatox da USC e do xa citado investigador da Universidade de Baylor, tamén participan os servizos de Farmacoloxía e Cardioloxía do Hula, a través do seu director, Carlos Fernández-Juanatey, e o Fondo de Investigación da Seguridade Social a través do seu Instituto de Saúde Carlos III.

Publicidade

Varias multinacionais xa se teñen interesado nas propiedades destes compostos

Alén de salientar  a colaboración interdisciplinar entre distintas entidades e administracións, o catedrático Luis M. Botana tamén fixo fincapé no feito de que a patente xa tramitada permite dar máis visibilidade ás pescudas desenvolvidas durante anos no marco dos proxectos europeos Interreg Pharmatlantic e FP7 Pharmasea, financiados pola Comisión Europea. Programas e proxectos de investigación nos que tomaron parte preto de 50 socios, relata Botana.

O obxecto da patente en curso non é outro que o de protexer o resultado da síntese de varios compostos do grupo das gracilinas, extraídas dunha familia de esponxas mariñas atopadas no Índico, e que teñen propiedades antiinflamatorias e inmunomoduladoras, particularidades estas que poden resultar moi interesantes para o futuro desenvolvemento de novos fármacos, sinalaron Botana e Alfonso.

Publicidade

A implicación do profesor Romo nesta investigación centrouse no desenvolvemento de estruturas miméticas ás que presentan as gracilinas, mentres que os investigados do grupo Farmatox estudaron a súa potencial incidencia farmacolóxica e os seus efectos e impacto como inhibidoras de enzimas que contribúen a mitigar ou, no seu caso, evitar o rexeitamento no caso de transplantes de órganos.

Outros dos beneficios deste composto afecta ás súas propiedades para mitigar inflamacións e, moi posiblemente, segundo apunta Botana, estamos diante dun elemento acaído para tratar ou previr enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas, tal e como pode ser o Alzhéimer.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias