Proban un sistema de desinfección nasal para reducir os contaxios de Covid-19

O emprego desta tecnoloxía podería eliminar o reservorio do virus nas fosas nasais da persoa contaxiada, evitando que infecte a outras persoas

Un sistema de desinfección nasal podería axudar a reducir os contaxios. Crédito: CUM
Un sistema de desinfección nasal podería axudar a reducir os contaxios. Crédito: CUM

Un obxectivo principal: reducir a posibilidade de que as persoas infectadas por Covid-19 contaxien a outras nas fases máis temperás da enfermidade. A tecnoloxía que podería permitilo sería un sistema de fotodesinfección nasal que fose capaz de destruír o virus aloxado no nariz. Para iso, estase a desenvolver un estudo na Clínica Universidad de Navarra (CUN) no que participarán 100 pacientes. O ensaio, que empregará un dispositivo dunha empresa canadense, levarase a cabo con persoas positivas nunha proba PCR pero que non precisaron de ingreso hospitalario a causa da enfermidade.

A tecnoloxía que se empregará no ensaio está baseada na fotodesinfección mediante terapia fotodinámica. É un proceso indoloro que xa se leva empregando máis dunha década, sobre todo no Canadá, como un mecanismo para previr infeccións da ferida cirúrxica por bacterias multirresistentes que colonizan as fosas nasais.

Destruír o reservorio

“Coa desinfección nasal non buscamos curar aos pacientes cando a enfermidade está xa instaurada”, explica un dos investigadores principais do ensaio e especialista do Servicio de Enfermedades Infecciosas de la Clínica Universidad de Navarra, Francisco Carmona. “O obxectivo é destruír o reservorio da Covid-19 nas fosas nasais, onde a replicación do virus é máis activa nos primeiros días. Se conseguimos isto, esperamos que o virus non se transmita e que o paciente deixe de ser un axente transmisor da infección a outras persoas a curto prazo despois o tratamento”, puntualiza o investigador.

A maiores disto, outro dos investigadores do ensaio e especialista en Medicina do Traballo na CUM, Alejandro Fernández-Montero, cre que se se consegue eliminar o reservorio do virus, o tratamento podería “acurtar a duración dos confinamentos”. Algo que xeraría un impacto positivo na poboación, nas empresas e tamén na economía. Tamén apunta que sería beneficioso no ámbito sanitario, posto que podería reducir o risco de contaxio entre o persoal dos hospitais e dos centros de saúde, acurtando as baixas profesionais a causa da Covid-19.

Amais disto, Carmona pensa que esta tecnoloxía de fotodesinfección nasal ten outra vantaxe. “Este tipo de tratamento sería agnóstico ao tipo de variante, o cal faría deste tratamento un complemento perfecto ás actuais medidas de prevención e terapéuticas“. Carmona tamén engadiu que o virus “non poden desenvolver ningún tipo de resistencia ao tratamento”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.