Un informe do Sergas conclúe que a magnetoterapia é unha pseudoterapia contra a dor

A análise realizada por expertos de Sanidade considera que esta práctica "non demostra ser un tratamento eficaz para o alivio da dor"

Desde hai anos, a proliferación das coñecidas como pseudoterapias, prácticas cun suposto beneficio para a saúde, pero sen o respaldo de evidencia científica sólida, é unha preocupación crecente para as autoridades sanitarias. Organismos como os Ministerio de Ciencia e Innovación e Sanidade lanzaron campañas de información á cidadanía para conciencialas de tratamentos. Aínda que moitas veces requiren dun importante desembolso económico, non sempre veñen acompañados de efectos positivos para quen a recibe. Unha delas, a magnetoterapia, acadou un importante predicamento ao utilizar como gancho a deportistas que recorrreron a ela para superar lesións. Mais non parece que teña efecto real contra a dor, segundo a evidencia recollida por un informe realizado pola Xunta, no marco do Plan de Protección da Saúde fronte ás pseudoterapias impulsado polos ministerios de Sanidad e Ciencia.

O director da Axencia galega para a xestión do coñecemento en saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, expuxo no Parlamento os resultados dun informe sobre magnetoterapia estática e terapia con ventosas en patoloxía non osteomuscular, no que se sinala que o seu uso non se mostra efectivo no tratamento da dor de calquera etioloxía, polo que non estaría recomendado o seu uso nesta indicación.

A análise foi realizada por expertas da ACIS e do Sergas, que realizaron unha revisión sistemática da literatura dispoñible e dos ensaios clínicos realizados sobre esta terapia. Identificáronse un total de 643 referencias, das cales 41 se seleccionaron para a súa lectura completa e incluíronse finalmente dúas revisións sistemáticas e 10 ensaios clínicos, aleatorizados e controlados.

Con esta información analizada, o informe conclúe que “de acordo á evidencia dispoñible, a magnetoterapia estática non demostra ser un tratamento eficaz para o alivio da dor de calquera etioloxía ou tempo de evolución, polo que non se considera axeitado o seu uso como terapia para o control da dor”. Do mesmo xeito, os estudos analizados non observan “efectos adversos de relevancia asociados á exposición a campos magnéticos estáticos, así como a ausencia de diferenzas no alivio da dor (…) ao comparar a magnetoterapia estática contra placebo.

Publicidade

Que é a magnetoterapia

Segundo os mesmos autores do informe, defínese a magnetoterapia, tamén coñecida como imanterapia, como a utilización de campos magnéticos xerados por imáns e outros dispositivos semellantes co obxectivo suposto de aumentar as capacidades rexenerativas do corpo ou para o control de diversos síntomas. Adoita promocionarse como tratamento contra a dor crónica ou aguda asociada a diversas causas, e para a súa aplicación úsanse obxectos como pulseiras, xeonlleiras, faixas lumbares, etc. que levan insertados imáns.

Aínda que en moitas ocasións o tratamento se realiza en centros especializados, existen no mercado produtos de venda libre, que non requiren de supervisión profesional. As advertencias sobre posibles prácticas fraudulentas vinculadas á magnetoterapia é unha preocupación desde hai bastantes anos nas autoridades sanitarias. Xa en 2011, a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) detectara “prácticas enganosas” relacionadas coa venta de aparellos a través de teleoperadores, con supostos beneficios, ademais de contra a dor, para mellorar o rendemento físico e intelectual e mesmo para frear a aparición de engurras. Estímase que o 1% da poboación usa estes tratamentos.

Publicidade

Como advertiu o xerente de ACIS, a proliferación na actualidade de mensaxes sen base científica, ou argumentos conspiracionistas, como acontece coa pandemia do coronavirus, “trasladan unha versión errónea á cidadanía en algo tan importante como é a protección da saúde”.


DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da pandemia á economía circular: así nace o proxecto REHEAL para reducir os residuos sanitarios

O SERGAS participa xunto a outros sistemas europeos nun consorcio que impulsa cadeas de subministración máis sostibles

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida

Por que a dor crónica provoca depresión nalgunhas persoas e noutras non?

As molestias agudas e persistentes xeran cambios no hipocampo, unha rexión do cerebro que actúa como centro de control e axuda a regular as respostas emocionais

O Sergas empregará IA para apoiar a análise de imaxes clínicas

O obxectivo é examinar anualmente 1,5 millóns de radiografías de tórax, 150.000 de cribados citolóxicos, 100.000 probas oftalmolóxicas e 40.000 para a detección de cancro de mama e próstata