Nace ‘Smart Cardia’, a plataforma para a rehabilitación cardíaca

Este proxecto no que toma parte a USC ve a luz como apoio aos profesionais sanitarios que tratan a pacientes que sufriran un infarto agudo de miocardio

Smart Cardia’ é unha plataforma que incorpora tecnoloxías baseadas en Intelixencia Artificial (IA) para a xestión clínica do proceso de rehabilitación cardíaca en pacientes que sufriran un infarto agudo de miocardio. A finalidade do proxecto no que toma parte a USC é a de facilitarlle aos profesionais sanitarios a xestión do proceso de rehabilitación cardíaca, integrando compoñentes intelixentes e preditivos e interfaces gráficas cun maior grao de usabilidade. ‘Smart Cardia’ convértese, deste xeito, nunha ferramenta idónea para a posta en marcha de programas de rehabilitación cardíaca, permitindo que, dende o primeiro día, os profesionais sanitarios traballen no marco dun proceso seguro e predicible, sen variabilidade e controlado, contando ademais con indicadores de calidade.

A plataforma nace como apoio aos profesionais sanitarios que interveñen neste tipo de procesos, como  cardiólogos, persoal de enfermaría especializada, fisioterapeutas, médicos rehabilitadores,  endocrinólogos, médicos de atención primaria e enfermería comunitaria. O proxecto ten unha finalidade sanitaria, mediante o control dos factores de risco e a prevención; e unha finalidade social, ao interactuar con Prebencar, un asesor virtual intelixente para a prevención e o benestar cardiovascular que promove hábitos cardiosaudables, e converte aos pacientes que sufriron un infarto en axentes activos para a súa recuperación.

Publicidade

A iniciativa presentada este xoves foi desenvolvida pola USC a través do seu Centro Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) e a empresa Balidea, e atópase baixo o asesoramento de cardiólogos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), como o doutor Carlos Peña, que liderou a definición e o desenvolvemento desta iniciativa. Ao longo deste ano culminouse a elaboración dos seis módulos que integran a plataforma: xestión intelixente, interfaces gráficas, interacción intelixente, xeración automática de informes, gamificación de plans de saúde, e predición de impacto do programa nos pacientes. Asemade acometeuse a integración das distintas partes e a validación do conxunto no marco do programa de rehabilitación cardíaca.

‘Smart Cardia’  é un proxecto de investigación levado a cabo polo consorcio de empresas liderado pola compañía Balidea, no que tamén participan Imagames e SM Tecno, alén da Fundación IDIS. Este proxecto está cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través do programa Conecta PEME para o fomento da cooperación entre as pequenas e medianas empresas e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, á súa vez cofinanciado polo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

Tres sinais para anticipar o risco de condutas suicidas no TOC: este é o achado dun estudo galego

Investigadoras do CiMUS, CiTIUS e Hospital de Bellvitge identifican factores clave que poderían mellorar a detección temperá en persoas con trastorno obsesivo-compulsivo

Unha nova ferramenta pública creada dende a USC analiza a evolución dos dereitos dixitais na rede

A plataforma DigiTrack, desenvolvida polo CiTIUS, permite identificar tendencias, analizar contidos e comprender o impacto social da conversación en liña sobre liberdades fundamentais