Segundo positivo por coronavirus en Galicia, no Cunqueiro de Vigo

Un médico internista e seis enfermeiras que atenderon ao paciente foron illados nos seus domicilios como medida preventiva

Segundo positivo por coronavirus en Galicia en menos de 24 horas. Un paciente cun cadro de pneumonía en Vigo, que tiña viaxado ao norte de Italia nas últimas datas, deu positivo no kit de control polo COVID-19 e agora os resultados foron enviados a Madrid para a súa confirmación.

O paciente de entre 40 e 50 anos foi ingresado por pneumonía no Álvaro Cunqueiro deu positivo na proba do coronavirusen primeira instancia. Tal e como dita o protocolo, o Sergas está á espera de que o Centro Nacional de Microbioloxía situado en Majadahonda realice un diagnóstico definitivo, que se espera que chegue nas vindeiras horas.

Publicidade

“En Galicia, de momento, non circula o coronavirus”, di Sanidade

Con todo, como medida preventiva, os responsables sanitarios enviaron aos seus domicilios a seis enfermeiras e un médico internista que estiveron en contacto co enfermo.

Estes traballadores sanitarios terán que estar illados nos seus domicilios o próximos catorce días se os resultados do paciente rematan por ser positivos. Segundo fontes sanitarias, o paciente tivo algún contacto co norte de Italia nas últimas dúas semanas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro