A vacina rusa 'Sputnik V' está baseada en adenovirus.

Rusia anuncia que a súa vacina ‘Sputnik V’ ten eficacia do 92%

Está deseñada para desencadear resposta con dúas inxeccións administradas con 21 días de diferenza baseadas en vectores virais do arrefriado común

A carreira pola vacina contra o coronavirus entrou na súa fase de anuncios, en que os proxectos máis esperanzadores semellan por competir en eficacia. Deste xeito, 48 horas despois de que a farmacéutica Pfizer anunciase que a súa solución é eficaz ao 90 por cento, Rusia fai público que a súa vacina Sputnik V ten unha efectividade do 92% para protexer ás persoas da Covid-19 segundo os resultados dos ensaios provisionais.

Os resultados iniciais son os segundos que se publican dun ensaio en humanos na terceira fase na carreira mundial para producir unha vacina que podería deter unha pandemia que causou a morte de máis de 1,2 millóns de persoas e ten devastado a economía mundial.

Rusia rexistrou o Sputnik V para uso público en agosto, o primeiro país en facelo, aínda que a aprobación se produciu antes do inicio da proba a gran escala en setembro.

Os resultados provisionais baséanse nos datos dos primeiros 16.000 participantes do ensaio que recibiron ambas as dúas inxeccións da vacina de dúas doses. A chamada proba de fase III da inxección desenvolvida polo Instituto Gamaleia está a levarse a cabo en 29 clínicas de Moscova e contará coa participación de 40.000 voluntarios en total, e unha cuarta parte recibirá unha inxección de placebo.

As posibilidades de contraer Covid-19 eran un 92% máis baixas entre as persoas vacinadas con Sputnik V que entre as que recibiron o placebo, dixo o RDIF. Iso está moi por riba do limiar de efectividade do 50% para as vacinas contra o novo coronavirus establecido pola Administración de Alimentos e Medicamentos dos Estados Unidos.

“De acordo cos datos, estamos a demostrar que temos unha vacina moi eficaz”, dixo o director de RDIF, Kirill Dmitriev, quen engadiu que era o tipo de noticia da que os desarrolladores da vacina falarían algún día cos seus netos. O anuncio de Rusia segue rapidamente os resultados publicados o luns por Pfizer Inc e BioNTech, quen dixo que a súa inxección tamén foi máis do 90% efectiva.

A vacina Pfizer e BioNTech utiliza tecnoloxía de ARN mensaxeiro (ARNm) e está deseñada para desencadear unha resposta inmune sen usar patóxenos, como as partículas de virus reais.

A vacina Sputnik V está deseñada para desencadear unha resposta a partir de dúas inxeccións administradas con 21 días de diferenza cada unha baseada en diferentes vectores virais que normalmente causan o arrefriado común: os adenovirus humanos Ad5 e Ad26.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.