Sábado 27 Abril 2024

Pfizer anuncia que a súa vacina ten unha efectividade do 90%

"É un gran día para a ciencia. Un gran día para a humanidade", asegurou Albert Bourla, presidente e CEO de Pfizer

A carreira por unha vacina contra a Covid-19 viviu hoxe un novo fito co anuncio das farmacéuticas Pfizer e Biontech, que este luns comunicaron que a súa vacina contra o Covid-19 é “90% efectiva”. Así se pronunciaron tras coñecer os resultados da primeira análise intermedia do seu ensaio de fase 3, o último antes dunha solicitude de aprobación.

A eficacia da vacina mediuse comparando o número de participantes infectados co novo coronavirus no grupo que recibiu a vacina e no grupo placebo, “sete días despois da segunda dose” e 28 días despois da primeira, explicaron nun comunicado conxunto que adiantou a axencia AFP.

Publicidade

As probas desta candidata a vacina, que está baseada en ARNm, foron realizadas a un total de 43.538 participantes e a análise avaliou 94 casos confirmados de Covid-19 en participantes do ensaio.

As compañías advertiron que a eficacia final podería variar a medida que avance o estudo, segundo un comunicado conxunto. Ademais, engaden que nesta fase tres do estudo non se reportou ningún problema de seguridade.
“É un gran día para a ciencia. Un gran día para a humanidade”, asegurou Albert Bourla, presidente e CEO de Pfizer. “Os primeiros resultados do noso ensaio da vacina proporcionan a evidencia inicial da capacidade para previr Covid-19”, dixo.

Neste punto, celebrou que alcanzaron este “fito” no seu programa de desenvolvemento de vacinas nun momento no que o mundo “máis o necesita”, con taxas de infección que “establecen novos récords, hospitais que se achegan á súa capacidade excesiva e economías que loitan por reabrir”.

Bourla agradeceu ás miles de persoas que se ofreceron como voluntarias para participar no ensaio clínico, aos seus colaboradores académicos e investigadores nos sitios do estudo, así como aos seus colaboradores de todo o mundo “que están a dedicar o seu tempo a este esforzo crucial. Non poderiamos chegar tan lonxe sen o tremendo compromiso de todos os involucrados. Esta é unha vitoria para a innovación, a ciencia e un esforzo de colaboración global”, afirmou. As bolsas de valores en todo o mundo viviron fortes subas con este anuncio, en especial o índice norteamericano Dow Jones.

“Esta é unha vitoria para a innovación, a ciencia e un esforzo de colaboración global”

O ensaio clínico de fase 3 comezou o 27 de xullo e inscribiu a 43.538 participantes ata a data, 38.955 dos cales recibiron unha segunda dose da vacina candidata o 8 de novembro de 2020. O estudo tamén avaliará o potencial da vacina candidata para brindar protección contra o coronavirus naqueles que tiveron unha exposición previa, así como a prevención da vacina contra a enfermidade.

Ademais dos criterios de valoración principais de eficacia que avalían os casos confirmados de Covid-19 acumulados sete días despois da segunda dose, a análise final agora incluirá, coa aprobación da FDA, novos criterios de valoración secundarios que avalían a eficacia segundo os casos que se acumulan catorce días despois da segunda dose tamén.

Segundo as proxeccións actuais, a compañía espera producir a nivel mundial ata 50 millóns de doses de vacinas en 2020 e ata 1.300 millóns de doses en 2021. A vacina atopábase entre as candidatas máis prometedoras e ambas as farmacéuticas son as primeiras en mostrar datos exitosos dun ensaio clínico a grande escala dunha vacina contra o coronavirus.

Se os resultados se manteñen, ese nivel de protección acadado poñería a esta nova vacina ao nivel das vacinas infantís altamente efectivas para enfermidades como o sarampelo, segundo afirmaba hoxe o xornal estadounidense The New York Times.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais