A neuropediatra Anna Sans dirixe as xornadas sobre trastornos da aprendizaxe en Afundación

A canle Afundación TV emitirá os días 12, 19 e 26 de novembro as sesións, que buscan fomentar a participación activa da comunidade educativa

A neuropediatra Anna Sans Fitó, experta en trastornos da aprendizaxe infantil e neurodesenvolvemento, conducirá nas vindeiras semanas un ciclo de encontros interactivos que se difundirán a través da canle Afundación TV, da Obra Social de ABANCA. As conferencias, nas que se pode participar de balde, previa inscrición nesta ligazón, abordarán os retos que a discalculia, o TDAH, os trastornos motores ou visoespaciais poden supoñer para as nenas e nenos nunha contorna que debe reforzar a súa atención cara a estas circunstancias.

Este xoves 12 de novembro, a partir das 19 horas, terá lugar o primeiro dos encontros, que continuarán os días 19 e 26. A cuarta sesión analizará a temática que concitase maior interese na elección que levarán a cabo os propios participantes. Estas conferencias enmárcanse no ciclo “Educación século XXI“, no que recoñecidos especialistas en materias vinculadas cos métodos de aprendizaxe ou a pedagoxía danse cita en Afundación para invitar a comprender novos contextos de transmisión do coñecemento.

Publicidade

Segundo explica a entidade nunha nota de prensa, “Afundación asume o desafío de converterse nunha canle de difusión daqueles trastornos da aprendizaxe que, por circunstancias ríxidas de certos contextos, se atopan menos priorizados”, co que “a Obra Social de ABANCA contribúe a cubrir un baleiro sobre unha cuestión fundamental para consolidar un modelo de ensino aberto e inclusivo, situando o foco do interese nestas temáticas”.

Anna Sans acumula unha longa experiencia no campo da neuropediatría, que a converteu nunha das referencias do seu campo en España. Combinou na súa traxectoria o labor asistencial coa docencia, sendo profesora de másteres e posgraos na Universitat de Barcelona, a Universitat Autònoma de Barcelona, ou a UVic. Dirixiu tamén xornadas e cursos de formación en diversos transtornos da aprendizaxe e neurolóxicos, colaborou co Departament d’Ensenyament da Generalitat de Barcelona na formación de docentes e na elaboración do protocolo de Atención TDAH nas escolas de Catalunya. É autora tamén de múltiples artigos científicos, capítulos de libro e poñente habitual nos congresos da especialidade. Na actualidade dirixe o Institut Som Via de Neurodesenvolvemento e Aprendizaxe, que centra o seu labor na potenciación das destrezas das nenas e nenos para identificar aqueles trastornos que poidan estar repercutindo nun menor ritmo de asentamento dos coñecementos.

Publicidade

A partir desta detección, e da participación activa de toda a comunidade educativa, o que inicialmente puido ser considerado como unha traba, convértese nun reto do cal a contorna aprende e se beneficia para favorecer o progreso social.


Máis información sobre o ciclo de conferencias de Anna Sans nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago revela patróns xenéticos compartidos entre oito trastornos mentais

Un novo estudo do IDIS aplica por primeira vez unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría co obxectivo de mellorar o diagnóstico e impulsar a medicina personalizada

Un estudo galego revela que o tratamento do TDAH mellora o equilibrio e altera o olfacto

Investigadores do CiMUS da Universidade de Santiago demostran que o metilfenidato afecta aos sentidos e normaliza a percepción da dor.

Un novo estudo relaciona o consumo de paracetamol no embarazo co TDAH

O fármaco é o máis seguro para aliviar a febre durante a xestación pero hai controversia sobre os efectos no desenvolvemento neurolóxico dos bebés

Intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas e outros proxectos de Galiciencia 2024

A feira científica reúne un centenar de traballos de alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Primaria de toda a comunidade