salmonela3
Un cultivo microbiolóxico de salmonela.

Investigan en Lugo a resistencia da Salmonella na cadea alimentaria

O veterinario Alexandre Lamas presentou a súa tese doutoral, na que avalía os efectos ambientais na supervivencia do patóxeno

Aínda que os protocolos de limpeza e desinfección teñen mellorado moito nas últimas décadas, sobre todo en Europa, a Salmonella segue sendo un problema importante na saúde pública, con 90.000 casos de salmonelose cada ano. Porén, noutras zonas desenvolvidas, como os Estados Unidos, os índices son moito maiores, con ata un millón de casos anuais. Porén, os datos fan, cando menos recomendable, desenvolver e implementar protocolos de limpeza e desinfección máis eficientes ao longo da cadea alimentaria.

Para abordar o problema cómpre avaliar o efecto das diferentes condicións ambientais (temperatura, fontes de nutrientes, nivel de osíxeno, conservantes alimentarios…) na capacidade da Salmonella para persistir na cadea alimentaria mediante a formación de biofilms centra a temática da tese de doutoramento que vén de presentar o veterinario Alexandre Lamas Freire na Facultade de Veterinaria da USC. Os resultados desta investigación, desenvolvida baixo o título ‘Prevalence and characterization of Salmonellastrains of the poultry industry: determining factors in its survival and biofilm formation’ e dirixida polo profesor Carlos M. Franco Abuín, achegan luz sobre a capacidade de adaptación e os mecanismos de supervivencia da Salmonella nos alimentos, achádegos que á súa vez poden ser de utilidade para o desenvolvemento de novos métodos de control de biofilms na cadea alimentaria.

De esquerda a dereita, Troncoso, Franco, Lamas, Fente e Ros, na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria. Foto: USC.
De esquerda a dereita, Troncoso, Franco, Lamas, Fente e Ros, na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria. Foto: USC.

Os biofilms son estruturas bacterianas altamente resistentes que permiten que as bacterias resistan condicións desfavorables da cadea alimentaria, o que as converte así nunha fonte continua de contaminación dos alimentos. Daquela, a investigación desenvolvida polo veterinario nado en Fene Alexandre Lamas Freire no Laboratorio de Hixiene Inspección e Control de Alimentos (Lhica) do campus de Lugo da USC tamén resulta de especial importancia para os operadores da industria alimentaria, xa que os resultados acadados nesta pescuda constitúe unha ferramenta axeitada para mellorar os seus protocolos de limpeza e desinfección.

Esta investigación de doutoramento realizada no Lhica, que coordina o catedrático Alberto Cepeda, tamén avalía a importancia das diferentes subespecies de Salmonella enterica na seguridade alimentaria. De feito, o novo doutor propón nas conclusións da súa tsese a posibilidade de volver a avaliar os parámetros establecidos no Regulamento 2073/2005 para o control de Salmonella, a fin de focalizalos exclusivamente nas subespecies deSalmonella enterica con importancia para a seguridade alimentaria.

Tribunal de tese e cualificación

O tribunal encargado de avaliar a tese presentada por Alexandre Lamas Freire estivo presidido polo decano da Facultade de Veterinaria da Universidade de Murcia, Gaspar Ros Berruezo. A tamén catedrática da Universidade de Murcia Ana María Troncoso González e a profesora titular da Facultade de Veterinaria da USC Cristina Asunción Fente Sampaio completaron a composición dun tribunal que cualificou esta investigación de doutoramento con máxima de nota de sobresaínte cum laude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.