Un estudo desvela a porta de entrada do coronavirus nas células

Científicos chineses publican na prestixiosa revista Science un achado que pode abrir novas vías para o tratamento do COVID-19

Un equipo de científicos chineses describiu a estrutura completa da proteína ACE2, que usa o coronavirus para entrar nas células humanas, o que pode facilitar o desenvolvemento de posibles terapias antivirais.

O estudo, que publicou a prestixiosa revista Science este mércores, está asinado por investigadores de tres institucións de China, o país onde se detectou por primeira vez o coronavirus SARS-CoV-2, causante da pneumonía COVID-19, en decembro pasado.

Publicidade

“O noso descubrimento non só bota luz para comprender a mecánica da infección viral”, din os autores do estudo citados por Science, senón que “tamén facilitará o desenvolvemento de técnicas de detección do virus e posibles terapias antivirais”.

O equipo, encabezado por Renhong Yan, do Instituto Westlake de Estudos Avanzados, analizou e describiu, con criomicroscopia electrónica (Cryo EM), a estrutura da proteína ACE2, a cal non se coñecía totalmente ata o de agora. É a esta proteína á que o novo coronavirus “secuestra” para entrar nas células humanas unida a unha proteína da membrana celular.

Publicidade

Este coñecemento de como se une SARS-CoV2 á superficie da célula pode proporcionar unha base para o desenvolvemento terapéutico, indican os autores do estudo.

Cando o coronavirus infecta a unha persoa, o primeiro paso do proceso parte dunha proteína do virus, a proteína de pico (S), que se vincula ao receptor humano dunha encima conversiva da anxiotensina 2 (ACE2).

A estrutura da proteína S xa foi descrita nun estudo precedente publicado por investigadores estadounidenses tamén en Science o pasado día 19.

ACE2, indican os autores, é o punto de entrada ás células humanas para SARS- CoV2 , por iso entender a súa estrutura completa é clave para os esforzos de para lograr terapias específicas para o COVID-19.

Aquí podes consultar o artigo publicado por Science

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fronte á nova variante: así está a cambiar a epidemia de gripe

O impacto da mutación H3N2 e as limitacións da vacina nesta tempada marcan a evolución da enfermidade no terrritorio

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

Cando o cólera atacou Ourense: a última epidemia biolóxica do século XIX

En 1885, a chegada dos segadores dende Castela trouxo a enfermidade á provincia galega, activando unha rede de lazaretos e medidas de control na fronteira

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central