O plan en Galicia para Fin de Ano e Aninovo mantén os criterios da Noiteboa e Nadal

A Xunta permitirá a mobilidade entre a medianoite do mércores e a 1.30 do 1 de xaneiro, e recomenda reducir as reunións a unha unidade familiar

A Xunta de Galicia, despois da reunión do comité clínico celebrada este luns, decidiu manter o mesmo plan aplicado en Noiteboa e Nadal para as xuntanzas familiares de cara a Fin de Ano e o Aninovo. A evolución epidemiolóxica no territorio nos últimos días, que mantén unha tendencia en forma de ‘chaira’, sen un aumento notable de casos, pero que tampouco remite, levou a modificar na noite do luns o mapa de restricións, e levou a apostar polo mesmo plan establecido.

Deste xeito, e a pesar de que máis de medio cento de concellos teñen limitacións nas que se restrinxe a mobilidade por mor dos peches perimetrais, estas limitacións quedan en suspenso durante 48 horas para os desprazamentos adecuadamente xustificados que se produzan a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace.

Publicidade

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu en que non se poden celebrar reunións multitudinarias nin no ámbito privado nin nas rúas, como é propio noutros anos nestas datas, polo risco que supoñen as aglomeracións e prácticas como fumar, beber ou comer na vía pública en reunións de numerosas persoas.

Este é, por tanto, o resumo das medidas e recomendacións:

Publicidade

  • Desde a medianoite deste martes ao mércores e ata o 1 de xaneiro ás 23 horas, levántanse as limitacións de entrada e saída nos concellos con peche perimetral, no caso de desprazamentos xustificados ao lugar de residencia habitual de familiares.
  • O conselleiro de Sanidade insistiu na recomendación e “conveniencia” de que as reunións se cingan a unha soa unidade familiar.
  • Porén, permítese tamén, no caso de encontros entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes, que non se supere o número máximo de 10 persoas.
  • E no caso de que os encontros se produzan entre persoas de máis de dúas unidades de convivencia diferentes, estarán suxeitos á limitación de que non superen o número máximo de seis persoas. Dentro deste número máximo de seis persoas non computarán os nenos e nenas menores de 10 anos, que en todo caso non poderán ser máis de catro para non superar o máximo de 10 persoas.
  • Especial coidado e precaución con persoas en situación de vulnerabilidade para a Covid-19.
  • O confinamento nocturno estenderase na noite do 1 de xaneiro ata a 1.30 da madrugada, “unicamente para permitir o regreso ao domicilio”. “En ningún caso se utilizará esta ampliación horaria para desprazarse a diferentes encontros sociais”, advertía xa o texto publicado no Diario Oficial de Galicia a pasada semana.
  • O peche da hostelería nos concellos con maior nivel de restricións (máximo e medio alto) pasan das 17 horas ás 18h. “É unha medida que probablemente quede máis alá das festas do Nadal”, avanzou García Comesaña. Ademais, as cafeterías terán que atrasar a apertura o 1 de xaneiro ata as 11 da mañá, podendo volver ao horario habitual o día 2.

Precaución

Os responsables da Consellería de Sanidade presentes na comparecencia deste martes insistiron unha vez máis na precaución e colaboración fronte ao contaxio do SARS-CoV-2, cumprindo as medidas de prevención e hixiene en todo momento para evitar o incremento da transmisión comunitaria. As medidas en detalle para os encontros de Fin de Ano e Aninovo coñeceranse a través do Diario Oficial de Galicia.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Máis de 50.000 galegos participaron nun ensaio para avaliar a vacina contra o virus sincitial

Sanidade analizará os datos achegados durante a campaña Sincigal para medir a súa efectividade na redución de hospitaliacións

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña

As claves do novo gromo de mpox detectado en Galicia: “Todos nos podemos infectar”

O virus transmítese principalmente por contacto estreito entre peles ou mucosas, sobre todo de carácter sexual, e causa lesións na pel