Os adolescentes galegos comezan a consumir alcol aos 14 anos e de forma excesiva

O novo informe do Ministerio de Sanidade apunta a que a maioría dos que o proban consideran "normal" beber cinco ou máis copas en dúas horas

A resaca é consecuencia do consumo excesivo de alcol, e moitas veces acódese aos fármacos para mitigala. Foto: Pexels.
A xente moza está cada vez máis preto do alcolismo, segundo o novo inform ESTUDES. Foto: Pexels.

O alcol volve situarse como a droga máis consumida en Galicia entre estudantes de secundaria. Aínda que é un problema que escala a calquera idade, o seu consumo en idades temperás pode implicar riscos irreversibles no futuro. Este é un escenario que xa preocupa no noso país, xa que, na actualidade, para os adolescentes o alcol está moi presente no tempo libre e nas relacións sociais que establecen entre eles. Segundo datos da Enquisa sobre uso de Drogas en Ensinos Secundarios en España ESTUDES 2021 en mozos de 14 a 18 anos, os adolescentes galegos empezan a consumir alcol aos 14 anos de media. Pero non só iso, ademais fano nun consumo compulsivo que pode xerar “danos cerebrais fatais”.

Neste sentido, segundo datos do Ministerio de Sanidade, o 72,6% dos adolescentes galegos de 14-18 anos consumiu alcol algunha vez na súa vida e case a metade fíxoo nos últimos 30 días. O número de mozas que inxere alcol é inferior ao dos mozos; e, ademais, estes beben máis cantidade. A forma na que o fan xa ten o seu propio termo no informe ESTDUES: binge drinking ou, traducido ao español, ”consumo en atracón”. Por iso, outro dato que non resulta raro é o de que moitos deles consideran normal beber cinco ou máis copas, vasos ou canas de alcol, nun tempo aproximado de 2 horas.

Os datos que agora publica Sanidade están elaborados a partir das enquisas a 1.244 estudantes de ensino secundario divididos ao longo de trinta centros educativos de toda Galicia. Outro dos datos máis rechamantes do informe é que a idade de inicio ao consumo de tabaco de xeito esporádico e diario, a do inicio do consumo de alcol e máis do cánabis está arredor dos catorce e quince anos. Ademais, case catro de cada dez estudantes galegos de entre 14 e 18 anos recoñece ter probado o tabaco.

En comparación con outras rexións neste estudo a nivel estatal, tamén hai excepcións nas que Galicia difire da norma. En canto ás prevalencias de consumo de alcol segundo a comunidade autónoma e o sexo dos alumnos, en xeral, as mulleres mostran porcentaxes máis altas que os homes, especialmente en Cantabria. No entanto, cando se observa o consumo recente (últimos 30 días) nas rexións da Rioxa, Asturias e, especialmente, Galicia, detéctase unha maior prevalencia de consumo entre os homes.

Dentro do consumo de alcol, a práctica coñecida e antes mencionada do binge drinking (refírese ao consumo de 5 ou máis bebidas alcohólicas na mesma ocasión) ten en Galicia tamén unha excepción. Aínda que tamén se ve como “normal” é o territorio do Estado onde menos estendida está.

Consellos de prevención

Dende o ministerio e en especial referidos ao consumo de alcol, tamén remiten uns consellos de boas prácticas. Comezan explicando que non se debe limitar o sinalamento de responsabilidades a un sector social, o dos menores e as súas familias. “Debemos adoptar unha mirada que amplíe o foco na comprensión dun problema. Entendendo que é un problema social global, sostemos que todos temos algo que ver na súa xénese e desenvolvemento”, explican dende Sanidade.

A resposta, explican, “está na sensibilización, información, educación e a prevención“, tanto ambiental, como persoal e grupal, en todos os ámbitos e desde calquera figura con capacidade de mediación e influencia, incluíndo non só a adultos profesionais senón tamén aos e as menores, co obxectivo de crear actitudes responsables e cambios en hábitos inadecuados.

Tamén inciden na idea de que “non todos e todas vos e as menores son iguais“. “Non debemos caer en estereotipos e xeralizacións que non axudan a comprender mellor que está a pasar e como podemos intervir”, repasan no manual de prevención. Segundo Sanidade, a primeira das diferenciacións deberá ser a de xénero, pois “mozos e mozas non interpretan igual a realidade e poden percibir ou consumo desde formulacións diferenciadas”. En definitiva, sosteñen a integración da perspectiva de xénero de forma transversal nas intervencións, desde todos vos sectores e todos vos ámbitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.