Os 37 puntos nos que este verán está prohibido o baño pola mala calidade das augas

Galicia ten máis de 500 zonas de baño en ríos, praias ou encoros, pero case 40 non pasaron o filtro, só o 1% do censo

A calidade das augas de baño en Galicia é unha das mellores do Estado e tamén de Europa. De feito, o 90% dos puntos analizados teñen unha calidade excelente, unha razón por riba das medias estatais e comunitarias. Todo isto, no territorio que achega cada unha de cada catro praias censadas do Estado. Con todo, hai case 40 puntos que non pasaron o filtro de calidade, polo que este ano está prohibido o baño.

O Rexistro de Augas de Baño de Galicia recolle máis de 500 zonas de baño en ríos e praias, dos que nove de cada dez teñen unha calidade de augas excelente. Porén, un total de 37 puntos figuran na listaxe de lugares nos que está prohibido o baño (dúas menos que o ano pasado), logo de que as análises feitas non superasen o limiar de calidade. Un veto que é efectivo xa desde o 1 de xuño e que se manterá ao longo de todo o verán.

Publicidade

A Consellería de Sanidade realiza regularmente análises en praias e áreas recreativas para velar pola seguridade dos bañistas. A contaminación bacteriana pode ocasionar gastroenterite ou enfermidades respiratorias nas persoas que se bañan en augas contaminadas. Estas doenzas non acostuman a ser graves, pero a cantidade de xente que acude a estes puntos durante os meses de verán obriga ás autoridades a extremar as precaucións.

Reparto por provincias

Por provincias, A Coruña é a que máis ten con 14, dúas delas no Concello de Pontedeume (as praias de Centroña e de Ver). Ademáis, tamén están a ría de Barrañán (Arteixo), a área recreativa de Niñáns no río Tambre (Brión), a praia de Camelle (Camariñas), a praia da Concha (Cariño), a praia da Concha (Cee), O Portiño (A Coruña), Barallobre (FEne), a praia da Virxe do Camiño (Muros), a zona fluvial do Muíño do Pedroso no río Xuvia (Narón), Testal-Taramancos (Noia), o porto de Santa Cruz (Oleiros), a área recreativa de Reboredo no río Mendo (Oza-Cesures) e o río Eume (As Pontes).

Publicidade

En Lugo hai unha ducia de zonas nas que está prohibido o baño. Trátase da praia de Arealonga e a de San Bartolo (Barreiros), a praia fluvial de Baamonde (Begonte), a praia de Penaoural (Burela), Naraxa no río Lamas (A Fonsagrada), a área fluvial do río Parga (Guitiriz), a de Ribas Altas (Monforte), a do río Saa (Pobra do Brollón), a de Pozo da Ola no río Eo (A Pontenova), o río Soldón (Quiroga), a de San Clodio no río Sil (Ribas de Sil), a praia fluvial de Caho de Pousadoiro, tamén no río Eo (Ribeira de Piquín) e o areal de Sacido (Viveiro).

A provincia de Ourense ten sinalados cinco puntos en cinco ríos distintos: a zona fluvial de Acearrica no río Arnoia (Allariz), a do Caneiro no Limia (Baltar), a da Bola no río Orille (A Bola), a dos Peares no río Bubal (A Peroxa) e a do río Arzoá (Vilardevós). Finalmente, en Pontevedra son catro, tres delas no Concello de Arbo (río Deva e dúas no Miño); e unha en Sanxenxo (praia de Carabuxeira).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga