Ómicron: a variante que porá fin á pandemia?

As expertas piden prudencia e recordan que aínda que é moito máis contaxiosa, cursa con cadros máis leves, o que podería supor a "inmunidade de rebaño"

En plena sexta onda, e aínda con celebracións de Nadal pendentes, preocupa a rápida expansión de ómicron. En menos dun mes, xa é a variante predominante en Galicia, desprazando de forma evidente á delta. “Xaneiro vai ser un mes complicado porque aínda non chegamos ao pico de contaxios, queda por ver os efectos de Noiteboa e Noitevella”, sinala a doutora María del Mar Tomás Carmona, do departamento de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e portavoz da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica (SEIMC).

Con 49.988 casos activos por coronavirus na nosa comunidade autónoma, o máis eficaz para reducir os contaxios parece ser aplicar medidas que eviten a interacción social e manter o uso xeneralizado da máscara. Así como “acelerar as terceiras doses e poñer a pauta completa de vacinación á poboación infantil o antes posible”, sinala María Tomás, xa que as vacinas non só reducen a taxa de contaxios, senón que tamén diminúen os problemas derivados de contraer o virus.

Publicidade

Ómicron, a protagonista da sexta onda

As augas son un fiel reflexo da situación que estamos a vivir. A coordinadora de CovidBens (que analiza a presenza do SARS-CoV-2 nas augas residuais da área metropolitana da Coruña), Margarita Poza, indica que o ratio de ómicron pasou do 4% nunha semana, a 29% na seguinte, a 60% na seguinte máis, e seguramente nos datos dos próximos días chegue ao 90%. “A carga viral é tan alta, que o nivel de transmisión do virus é elevadísimo na poboación, e esta expansión xa non se dá freado con medidas como as que temos agora”.

Os sistemas de alerta temperá serven para detectar o comezo das ondas. Segundo Margarita Poza, e aí cando hai que implementar as medidas de restrición para intentar conter o auxe de contaxios. A sexta onda está sendo a máis grande, e iso que “o sistema sanitario só detecta a puntiña do iceberg do número real de persoas que hai infectadas; se se poidese facer tests a toda a poboación, o número de positivos sería tres-catro veces maior”.

Publicidade

“O nivel de transmisión do virus é enorme, se non estamos enchendo os hospitais dende hai un mes é grazas á vacinación”

Pero non todo son malas novas. En principio, ómicron parece cursar con cadros máis leves, tendo unha clínica semellante a unha infección de tracto respiratorio superior, non afectando aos pulmóns e cunha duración menor ao doutras variantes. A maiores, nos últimos días aumentaron as voces que prognostican que ómicron podería supoñer a fin da pandemia tal e como a coñecemos. Ante esta posibilidade, a científica Margarita Poza aclara que “ninguén sabe que vai pasar, só se poden facer hipóteses”.

Sinala como positivo que o nivel de inmunidade da poboación aumentara, entre os anticorpos das persoas contaxiadas e os anticorpos xerados polas vacinas, o que nos achega á inmunidade de rebaño da que tanto se falou. Non obstante, recorda que “os virus están en constante mutación, polo que é posible que aparezan novas variantes, algo
que ocorre continuamente con todos os microorganismos”. En canto a isto, a doutora María Tomás engade que o feito de que ómicron estea a cursar con cadros máis leves e que a súa alta transmisibilidade substitúa ás variantes anteriores, que eran clinicamente máis patoxénicas, “si podería indicar a fin da pandemia”, pero non é algo seguro, polo que non se debería baixar a garda.

En alerta, pero non en alarma

Aínda que non se pode descartar que xurdan novas variantes, a doutora María Tomás quere ser optimista. “Temos moitas máis armas baseadas na ciencia e dispoñemos de vacinas que se poden adaptar a novas variantes de forma rápida”, declara. Non obstante, recorda que non se pode baixar a garda e que esta pandemia ten que servirnos para ter un plan de continxencia a nivel global que contemple a vacinación total en todos os países e invista en investigación científica. Pola súa banda, a doutora Margarita Poza promove un plan de rastrexo en augas residuais que sirva como ferramenta de saúde pública de alerta epidemiolóxica temperá e que faga de vixía microbiolóxica para o beneficio de toda a poboación.

As augas residuais da Coruña apuntan a que ómicron xa supón o 70% dos contaxios

1 comentario

  1. La Plandemia va a terminar cuando se levante el pueblo . Porque ellls quieren que obedezcas no solo hasta el final del COVIz sino q obedezcas hasta el final de los tiempos . Se viene una buena .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres etapas, unha carreira: mulleres que fan ciencia no CiQUS

Investigadoras do Centro Sigular da USC relatan retos, avances e desigualdades dende a formación inicial ata o liderado con motivo do 11F, o Día da Muller e a Nena na Ciencia

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega