O ocio nocturno poderá abrir ata as 3 da madrugada en Noitevella

A Xunta de Galicia tamén ampliou ata as 3,00 da madrugada o toque de `non queda´ e mantivo as restricións para hostalería

A reunión entre a Xunta de Galicia e ocio nocturno debido ao aumento de casos covid-19 trouxo consigo a adopción de novas medidas durante o Nadal. A principal é que este tipo de negocios poderá escoller entre abrir a fin de semana de Noitevella, entre o 30 de decembro e o 2 de xaneiro, ou optar a unha liña de axudas con distintos tramos en función dos metros do local. Outra novidade é que tanto nesa fin de semana como dende o 3 ao 18 de xaneiro, todos os locais do sector poderán abrir ata as 3,00h da madrugada, ampliándose así unha hora respecto ao primeiro anuncio de medidas.

Axudas para os locais

Nas axudas para os locais que na fin de semana de Fin de Ano decidan pechar estableceranse distintos tramos en función da superficie de cada un: 2.500 euros para os locais de menos de 100 metros cadrados, 5.500 euros para os que teñan entre 100 a 250 metros cadrados, 9.000 euros para os de 250 a 500 metros, 14.000 nos que a superficie estea entre 500 e 700 metros, 27.000 euros naqueles que teñan de 700 a 2.000 metros e para os que superen os 2.000 metros fíxanse 45.000 euros. A orde está previsto que se publique en xaneiro co obxectivo de que se comecen a abonar as axudas ao mes seguinte.

Publicidade

Hostalería, sen cambios

A hostalería e restauración deberán pechar á 1,00h da madrugada en Noitevella e non poderán abrir antes das 10,00 horas do 1 de xaneiro. Do 3 ao 18 de xaneiro, tal como acordou o comité clínico na última reunión, o horario de apertura neste sector será ás 00,00 horas todos os días, salvo os venres e sábados que se amplía ata ás 01,00h da madrugada.

Publicidade

Ademais, será preciso o certificado covid para acceder ao interior dos locais hosteleiros ou de ocio nocturno a calquera hora do día. Xunto con isto, volverá a prohibición de consumir en barra e manterase a limitación dun máximo de 8 persoas por mesa no interior dos locais e de 10 nas terrazas.

Limitacións no horario da hostalería e toque de ‘non queda’: restricións para Noitevella

Outras medidas

Entre as medidas anunciadas o día 28 de decembro por Julio García Comesaña tras a xuntanza co Comité Clínico, recordar o toque de `non queda´ de 3,00h a 6,00h da madrugada, no que as persoas que transiten pola rúa deberán facelo soas ou acompañadas de convivintes unicamente. Tamén a obrigatoriedade do uso da máscara en interiores de locais e exteriores, podendo quitarse só no momento de comer ou beber.
Os eventos musicais masivos tamén se verán limitados e volverá ser obrigatorio escoitar os concertos sentado.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia será pioneira en reforzar a vacina contra a meninxite aos 12 anos a partir de maio

Sanidade incorporará ao calendario vacinal unha dose adicional na adolescencia para reducir contaxios e avanzar na erradicación da enfermidade

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida

Unha nova app de ciencia cidadá facilitará a detección temperá de incendios en Galicia

A Xunta ten previsto o seu lanzamento en xullo e estará integrada cos sistemas de alerta existentes e coa rede de vixilancia con intelixencia artificial