O Instituto Carlos III valida tres laboratorios de Galicia para facer probas PCR do SARS-CoV-2

O CiMUS de Santiago, a Universidade de Vigo e o Instituto de Estudios Celulares e Moleculares, situado en Lugo, poderán incorporarse á rede estatal

O Ministerio de Ciencia anunciou este sábado a incorporación de 30 novos laboratorios de centros de investigación e universidades para realizar probas de PCR para o diagnóstico do virus SARS-CoV-2. Cos 24 que xa foran validados polo Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), xa son 54 os laboratorios que se poñen ao dispor das comunidades autónomas para realizar estas probas, que determinan se unha persoa está infectada ou non con coronavirus. E por primeira vez anúncianse laboratorios de Galicia: son a Universidade de Vigo, o Centro de Investigación Singular en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago (CIMUS) e o Instituto de Estudios Celulares e Moleculares (ICM) con base en Lugo. Estes centros reforzarán, en caso de que así se considere desde a Xunta de Galicia, o traballo que veñen realizando os laboratorios de Microbioloxía do Servizo Galego de Saúde.

Segundo o protocolo establecido polo Ministerio de Sanidad, os centros de investigación e universidades agora acreditados, tanto de carácter público como privado, enviaron unha Declaración Responsable ao Ministerio de Ciencia e Innovación na que informaron de que cumpren unha serie de requisitos de bioseguridade, medios técnicos e persoais. O procedemento que segue aberto para outros laboratorios que cumpran con estes requisitos. Agora son as comunidades as que teñen que confirmar que contan co seu apoio e fornécenlles as mostras para realizar as probas e o proceso de validación das mesmas.

Publicidade

Segundo o indicado nos requisitos, os centros autorizados xustificaron que dispoñen de persoal formado en técnicas de bioloxía molecular; teñen capacidade para traballar con mostras infecciosas de nivel 2, cabina de bioseguridade e equipos adecuados, capacidade para producir reactivos de inactivación, manexo de técnicas de extracción por medios propios que non resten capacidades aos centros hospitalarios; posibilidade de realizar PCR por medios propios ou mediante kits comerciais, ter persoal capacitado para validar informes de análises clínicas ou, en caso de non dispoñen deste servizo, a posibilidade de facer a validación nun hospital, persoal sanitario ou os servizos de saúde pública da comunidade autónoma.

A lista completa dos novos centros acreditados pode consultarse nesta ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

Un centro da USC lidera unha rede europea arredor dos mecanismos xénicos das enfermidades humanas

O proxecto DECODES, coordinado polo CiMUS, contará con 4,5 millóns de euros e formará 15 investigadores predoutorais para estudar o papel do ‘splicing’