Sete novas mortes e 3.235 casos activos en Galicia, 37 na UCI

A Xunta reduce en cinco persoas a cifra oficial de falecementos ao confirmar a PCR negativa en persoas que se incluíran nun primeiro momento

Galicia rexistrou entre a noite do xoves e o venres sete novos falecidos por Covid-19, dous deles nunha residencia de maiores situada na Coruña. Ademais, onte houbo 54 novos positivos por coronavirus detectados por PCR. E hai un total de 3.235 casos activos en Galicia, dos que 37 permanecen ingresados na UCI.

A Consellería de Sanidade informou hoxe que, dos 3.235 casos activos, 787 son da área da Coruña, 227 da de Lugo, 632 da de Ourense, 194 da de Pontevedra, 768 da área de Vigo, 476 da de Santiago, e 151 da de Ferrol.

Publicidade

Do total de pacientes positivos, 37 permanecen en UCI, 261 están en unidades de hospitalización e 2.937 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.981 persoas curadas e dende o comezo da crise están contabilizados 557 falecementos. O número de PCR realizadas é de 101.036.

O Sergas informa que segue a realizar actualizacións dos seus datos. Trala revisión clínica dos casos retíranse cinco falecementos cuxa PCR era negativa. Desde xeito, aínda que a cifra suba en dous falecementos de onte a hoxe, producíronse sete mortes máis. As cifras que saen da listaxe oficial de vítimas da Covid-19 correspóndense con dous óbitos en hospitais e tres en centro residencial: un falecido na residencia N.S. da Esperanza (Ourense), un na residencia de Bande e outro na residencia de DomusVi Barreiro (Vigo). Tamén se traslada aos falecementos en hospital un que se computara inicialmente, por erro, como falecemento na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur