O gromo de gripe aviaria na granxa de visóns da Coruña: nin excepcional nin de moito risco

O decano da Facultade de Veterinaria de Lugo, Gonzalo Fernández, recoñece que é pouco probable un salto aos humanos se se disemina o foco con velocidade

Esta semana, a Consellería do Medio Rural deu unha alerta sanitaria sobre un gromo de gripe aviaria nunha granxa de cría de visóns para a industria téxtil. A decisión que tomaron as autoridades foi matar ás 8.369 femias reprodutoras e ás 43.617 crías destetadas que tiñan no recinto. Máis de 52.000 exemplares de visón americano “sacrificados” para tratar de evitar unha expansión da cepa H5N1. Aínda que moitas informacións falan dun punto de inflexión na expansión da gripe, o decano da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, Gonzalo Fernández, nega que sexa algo excepcional: “Non é a primeira vez que acontece. Xa houbo saltos de aves silvestres a animais domésticos. Pasa todos os anos“.

O decado de Veterinaria explica que, nesta fase de expansión, este subtipo do virus da gripe aviaria non é, aínda, perigoso: “Podería selo no caso de que se seguise expandindo e lograse unha recombinación humana. Por iso, o sacrificio que se está a levar a cabo é necesario para diseminalo”. O investigador explica que esta cepa de gripe aviaria está nunha fase “moi afastada” de ser perigosa e que, ademais, un salto entre especies deste tipo non significa, per se, un aumento do risco: “Polo de agora, aínda que salte de aves silvestres a visóns, a cepa segue a ser a mesma e, polo tanto, o risco de contaxio tamén“.

Publicidade

Como adoita acontecer coa gripe aviaria, os contaxios veñen de aves migratorias que entran en contacto con aves e outros animais domesticados: “A realidade é que é moi complicado. Para que aconteza, tería que darse unha exposición cun contacto moi directo e prolongado no tempo. Os controis que temos na Unión Europea soen frear estas expansións moi rápido e o certo é que os descontrois adoitan vir de países con menores controis veterinarios. Como pasou coa pandemia de México en 2004″, remata.

1 comentario

  1. LO ESPANTOSO ES QUE AUN PERSISTAN ESTE TIPO DE EXPLOTACIONES PARA OBTENER LA PIEL DE ESTOS ANIMALES, SE SUPONE QUE PARA HACER ABRIGOS Y DEMAS ADORNOS, CUANDO EXISTEN MÉTODOS ARTIFICIALES QUE LA IMITAN.
    TENGO ENTENDIDO QUE A LOS ANIMALES VÁLIDOS PARA OBTENER LA PIEL SE LES DESPELLEJA VIVOS.
    ADEMAS: “A principios de junio de 2020, en Holanda se demostraba por primera vez que los visones americanos son hospedadores del coronavirus que ha provocado la pandemia de la Covid-19 y que pueden transmitirlo al ser humano,” (Fuente WWF).

    Al parecer España se comprometió a erradicar estas explotaciones en 2030

    GALICIA, SIGUE A LA CABEZA EN ESTE TIPO DE NEGOCIOS.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

42 días no corazón do hantavirus, a historia do galego a bordo do ‘Hondius’

O ornitólogo Ricardo Hevia emprendeu unha viaxe de observación de aves que se viu alterada por unha alerta sanitaria mundial e un confinamento que vén de cumprir

As claves do gromo de hepatite A de Narón: que se sabe do contaxio

O longo período de incubación de ata dous meses dificulta a identificación da fonte inicial e obriga a manter a vixilancia epidemiolóxica

Á procura dos 30 pasaxeiros que desembarcaron en Santa Elena: pode expandirse o gromo?

A prioridade das autoridades sanitarias pasa por identificar e seguir os contactos para evitar a propagación da enfermidade

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade