A Academia de Ciencias e a USC convocan o IX concurso ‘A ciencia en imaxe’

O prazo de entrega remata o 6 de novembro e pódense presentar os centros de ensino medio de Galicia e a comunidade universitaria de Santiago

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convocan o IX concurso “A ciencia en imaxe”, ao abeiro das celebracións da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias. Este certame diríxese á comunidade universitaria da USC e, como novidade desta edición, tamén á dos centros de Ensino Medio de Galicia nos que se imparte ESO e Bacharelato.

Neste certame prémianse fotografías e vídeos divulgativos de calquera contido relacionado coas ciencias: conceptos fundamentais, científicos, fenomenoloxía, aplicacións tecnolóxicas, temas de investigación… A autoría das instantáneas debe ser individual mentres que a dos vídeos pode ser grupal. Poderán concederse ata dous premios por categoría: na de fotografía un primeiro galardón de 200 euros e un segundo de 100 euros; e na de vídeo divulgativo haberá un primeiro premio de 250 euros e un segundo de 125 euros. O xurado poderá conceder así mesmo unha ou máis mencións de honra.

Publicidade

Premiaranse as fotografías e vídeos divulgativos de calquera contido relacionado coas ciencias

O prazo para inscribirse no concurso vai do 24 de outubro ao 6 de novembro. O rexistro é gratuíto, para o que cómpre enviar o formulario de inscrición (que se poderá descargar no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago, onde tamén figuran as bases) e o arquivo coa fotografía ou vídeo divulgativo á dirección de correo fisica.acienciaenimaxe@usc.es. No asunto indicarase “A Ciencia en imaxe: fotografía” ou “A Ciencia en imaxe: vídeo”, en función da categoría na que se queira participar.

Outra imaxe gañadora da edición pasada.

Cada participante poderá presentar unha única obra en cada categoría, dixitalizada e realizada con calquera equipo, profesional ou afeccionado, incluído o teléfono móbil. As contribucións deben ser orixinais, inéditas (non publicadas en ningún medio de comunicación, mesmo dixital), non presentadas en edicións anteriores deste certame e non premiadas noutros concursos. Cada obra deberá acompañarse dun título e pode incluír un breve comentario ou reflexión do autor.

Publicidade

As fotografías deben presentarse en formato JPG e ter un máximo de 5 MB, non poderán ser retocadas electronicamente e tampouco se admiten fotomontaxes. Pola súa parte, os vídeos divulgativos terán unha duración máxima de 3 minutos e enviaranse en formato .mp4; poden empregarse todo tipo de recursos audiovisuais sempre que non se violen os dereitos de autor.

Acto de entrega

O xurado estará composto por un membro de cada unha das cinco facultades organizadoras, xunto a un membro da RAGC e podería contar coa asesoría dun experto en imaxe. Ademais, serán membros do xurado a decana e o secretario da facultade de Física, ou persoas nas que deleguen, que actuarán como presidenta e secretario respectivamente.

O fallo do xurado publicarase no Taboleiro Electrónico da USC e na páxina web da facultade de Física. Os premios entregaranse o 15 de novembro na Aula Magna da facultade de Física durante o acto de celebración do patrón das Ciencias, San Alberte Magno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe