A Xunta mata a máis de 52.000 visóns nunha granxa da Coruña por un gromo de gripe aviaria

Medio Rural deu aviso ás autoridades de Saúde Pública e prohibiu a entrada e saída de persoas alleas á explotación do Concello de Carral

A Consellería do Medio Rural vén de anunciar a decisión de matar a máis de 50.000 visóns tras o descubrimento dun foco de gripe aviaria nunha granxa no concello coruñés de Carral. Segundo a información oficial da Xunta de Galicia trátase dun subtipo de virus que está a ser habitual nos casos atopados ao longo de todo o Estado español en aves domésticas e tamén silvestres.

Os traballadores desta granxa de cría foron notando, esta semana e a anterior, que algúns dos animais tiñan doenzas respiratorias e que a mortalidade entre os mamíferos estaba subindo por riba da media. Nese momento, a empresa procedeu a realizar probas de detección de diferentes enfermidades víricas, incluída a covid-19, ata que acharon que, efectivamente, o gromo era de gripe aviaria.

Publicidade

Esta granxa coruñesa ten 8.369 femias reprodutoras e 43.617 crías destetadas. Todas elas, máis de 52.000 animais serán executados esta semana polos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural. Ademais, como medida de protección e prevención, a consellería do ramo ordenou a prohibición de entrada e saída de animais e doutros materiais que puidesen transportar o virus e o censado dos animais presentes. Tamén limitou a entrada e saída de persoal ao centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite