Contención epidémica na rede de transporte aéreo. A imaxe mostra as redes despois de que o 33,3% das ligazóns se eliminaran considerando a importancia dos enlaces na epidemia. Fonte: A. Arenas et al./Science Advances.
Contención epidémica na rede de transporte aéreo. A imaxe mostra as redes despois de que o 33,3% das ligazóns se eliminaran considerando a importancia dos enlaces na epidemia. Fonte: A. Arenas et al./Science Advances.

Un novo modelo para predicir a propagación das epidemias

Investigadores cataláns afondan na incógnita de como desactivar os enlaces críticos para frear o avance de doenzas infecciosas

Aínda que as enfermidades infecciosas diminuíron nos últimos decenios o seu impacto letal na poboación grazas á vacinación, hai epidemias que seguen xerando serios problemas de saúde pública no planeta. Mais por que aumentan as infeccións en determinados momentos e determinados lugares? Por que un virus pasa en poucas semanas de afectar a unha soa persoa a xerar grandes epidemias?

A partir desta base e estas cuestións, un equipo de investigadores da Universitat Rovira i Virgili, en Tarragona, desenvolveron un modelo de probabilidades que permite identificar cales son as ligazóns da rede que determinan a propagación das doenzas, centrándose máis nas relacións ou contactos entre as persoas ca nos propios individuos. Deste xeito, apuntan, é posible desactivar os enlaces máis importantes para conter as epidemias.

Esta incógnita, que se se estuda desde hai anos no campo das redes complexas, e ata agora se tivo en conta a rede de contactos dos individuos desde un punto de vista global, tamén centrada no mesmo individuo, que actúa como nodo dunha rede.

Os virus poden espallar epidemias a gran escala en poucas semanas.
Os virus poden espallar epidemias a gran escala en poucas semanas.

Agora, os investigadores da Rovira i Virgili (URV) deron un paso adiante nunha investigación que pon de manifesto que as ligazóns que conectan os nodos, é dicir, as relacións que teñen as persoas entre si, son determinantes para que unha infección se propague e se converta epidémica ou extinga.

Os investigadores Àlex Arenas, Joan T. Matamalas e Sergio Gómez, do grupo de investigación Alephsys Lab, desenvolveron un modelo matemático que permite avaliar a propagación de epidemias baseándose nestas ligazóns (a rede de contactos das persoas) no canto de facelo nos nodos (os individuos). O estudo publícano na revista Science Advances.

“O que nos interesa atopar é o R0, que é o punto onde a infección se volve endémica. E a aproximación que fixemos con esta investigación é moito máis precisa do que existía ata agora”, explica Álex Arenas, que encabezou a investigación que permite describir os camiños que seguen as enfermidades transmisibles.

Para deter as epidemias, poden utilizar diferentes estratexias de contención, que implican o uso de medidas profilácticas, vacinas, medicamentos ou, a opción máis drástica, o illamento do nodo. No caso dos aeroportos, por exemplo, a estrutura da rede é moi clara: cada cidade é un nodo e as ligazóns entre cidades son os que poden transmitir as infeccións. Illar os nodos para que non se difunda a enfermidade entre a súa rede de ligazóns ten un impacto moi alto, tanto económico como social.

A ligazón co nexo clave das epidemias

“Agora, no canto de illar completamente o nodo dunha rede, o modelo que desenvolvemos permítenos saber cal é a ligazón que ten o papel clave na difusión dos camiños da enfermidade”, explica Matamalas. Deste xeito, se se coñecen cales son as conexións máis importantes para que se propague unha epidemia, pódese optar por cortalas, e iso permite manter a conectividade da rede. “Non é o mesmo pechar un aeroporto que pechar unha liña aérea concreta”, ilustra.

Seguindo co exemplo do aeroporto, este modelo permitiría identificar que conexións aéreas son as máis importantes á hora de transmitir unha enfermidade, avaliar a incidencia que tería despois de desactivar determinadas rutas e desenvolver estratexias de contención.

Isto permite adoptar solucións menos drásticas á hora de prever ou conter a propagación dunha enfermidade, xa que non hai que actuar ou illar toda a rede ou todo un nodo, senón simplemente cortar ligazóns, “desactivando aqueles que o modelo que fixemos prevé que serán os que desencadearán unha fervenza de infeccións “, conclúe Arenas.

Referencia: Effective approach to epidemic containment using link equations in complex networks (Publicado en Science Advances).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.